Rebecca Blaine Harding Davis, nada como Rebecca Blaine Harding en Washington (Pensilvania) o 24 de xuño de 1831 e finada en Mount Kisco (Nova York) o 29 de setembro de 1910, foi unha autora e xornalista estadounidense. Está considerada unha das narradoras pioneiras do realismo na literatura norteamericana.
Traxectoria Graduouse con matrícula no Washington Female Seminary de Pensilvania. Ao longo da súa vida, Davis procurou un cambio social nas condicións de vida dos afroamericanos, mulleres, nativos americanos, inmigrantes e clase traballadora, para o cal escribiu de maneira intencionada acerca dos problemas destes grupos marxinados no século XIX. A súa obra de ficción máis sobranceira é Life in the Iron Mills, publicada no número de abril de 1861 da revista The Atlantic Monthly, que axiña lle outorgou o status de escritora.
Vida persoal
Foi nai do tamén escritor Richard Harding Davis.
Escolma de obras Novela
Margret Howth (1861) Waiting for the Verdict (1867) Kitty's Choice or Berrytown and Other Stories (1873) John Andross (1874) A Law unto Herself (1878) Natasqua (1886) Kent Hampden (1892) Silhouettes of American Life (1892) Doctor Warrick's Daughters (1896) Frances Waldeaux (1897) Bits of Gossip (1904)
Relato curto
Life in the Iron Mills, The Atlantic Monthly (1861) David Gaunt (1862) John Lamar (1862) Paul Blecker (1863) The Wife's Story (1864), The Atlantic Monthly (1864) Ellen (1865) The Harmonists (1866) In the Market (1868) A Pearl of Great Price (1868) Put out of the Way (1870) General William Wirt Colby, Wood's Household Magazine (1873) Earthen Pitchers (1873–1874) Marcia (1876) A Day with Doctor Sarah (1878)
Ensaio
Men's Rights (1869) Some Testimony in the Case (1885) Here and There in the South (1887) Women in Literature (1891) In the Gray Cabins of New England (1895) The Disease of Money-Getting (1902)
Galería de imaxes
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Harding Davis, wsu.edu . Rebecca Harding Davis, ohiocountylibrary.org . Slaveries "In the Borders": Rebecca Harding Davis's "Life in the Iron Mills" in Its Southern Context , Dawn Henwood, questia.com . Obra orixinal Life in the Iron-Mills no Proxecto Gutenberg .
Categoría:Nados en 1831 Categoría:Nados en Pensilvania Categoría:Finados en 1910 Categoría:Escritores en lingua inglesa
Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América