Borja Domínguez Domínguez, nado o 30 de maio de 1992 en Vigo, é un futbolista galego que xoga de centrocampista no Racing de Santander, da Segunda División.
Traxectoria Nado en Vigo, Domínguez comezou a xogar ao fútbol no Alerta-Traviesas, antes de ingresar nas categorías inferiores do principal club da súa cidade, o Celta de Vigo, cando iniciaba a súa etapa como infantil. Foi subindo polas diferentes categorías do club e o 24 de abril de 2011 realizou o seu debut co Celta de Vigo B na Segunda División B, cando partiu como titular no encontro entre o filial vigués e o Guadalajara. O xogo finalizou con derrota do Celta B por 0-4. Na seguinte temporada, foi cedido ao Ourense e ao Vilalonga, ambos da Terceira División. Após a finalización da temporada, no verán de 2012 regresou ao Celta, converténdose en titular habitual do filial.
Despois de tres temporadas no Celta B, o 9 de xullo de 2015 foi cedido por un ano ao Racing de Ferrol, tamén de Segunda B. Co equipo ferrolán fixo unha temporada destacábel, anotando 9 goles en 38 partidos. Isto chamou a atención do Córdoba CF, da Segunda División, equipo co cal asinou un contrato por dúas temporadas.
Co equipo andaluz debutou no fútbol profesional, concretamente o 20 de agosto de 2016, despois de entrar como suplente na segunda metade da vitoria do seu equipo por 1-0 no Estadio Nuevo Arcángel ante o Tenerife. O seu primeiro gol como profesional chegou un mes despois, anotando na vitoria do seu equipo por 2-1 ante o Real Oviedo. Precisamente, o 31 de xaneiro de 2017, Domínguez foi cedido ao equipo asturiano até final da temporada.
Ao acabar a súa cesión no Real Oviedo, asinou contrato co Alcorcón, tamén da Segunda División. Na súa primeira campaña no club madrileño tivo un comezo irregular, mesturando suplencias con titularidades. Ao comezo da segunda volta asentouse no equipo, mais unha lesión grave ante o Barcelona B deixouno sen xogar durante oito meses. Esta lesión condicionou que o xogador non puidese participar na pretemporada do seu equipo, polo que non conseguiu facerse cun lugar no once inicial. Así, no mercado invernal saíu cedido ao Pontevedra, da Segunda División B. No club pontevedrés volveu a xogar con asiduidade, anotando 3 goles en 15 encontros.
En 2019, libre, asinou polo Lugo da Segunda División. No club lucense volveu lesionarse a finais de decembro no xeonllo, polo que tivo que pasar polo quirófano e perdeu o resto da temporada. Disputou un total de 25 partidos durante as súas dúas campañas no club albivermello.
En agosto de 2021 deixou o Lugo e fichou polo Racing de Santander, equipo co que disputou a primeira edición da nova Primeira División RFEF, proclamándose campión do grupo I por diante do Deportivo da Coruña. Xogou 30 partidos durante a tempada regular, marcando un gol ante o Bilbao Athletic. En xuño disputou a final de campións contra o Andorra na Malata, partido que o seu equipo gañou por 3-0, converténdose así no primeiro campión absoluto da categoría.
Clubs AnoClubDivisiónPartidosGoles2010–2011Celta BSegunda B102011–2012OurenseTerceira1202012VilalongaTerceira1412012−2013Celta BTerceira3812013–2014Celta BSegunda B3002014–2015Celta BSegunda B3102015–2016Racing de FerrolSegunda B3892016–2017CórdobaSegunda1412017Real OviedoSegunda1022017–2018AlcorcónSegunda2202018–2019AlcorcónSegunda102019PontevedraSegunda B1532019–2020CD LugoSegunda1212020–2021CD LugoSegunda1302021–2022Racing de SantanderPrimeira RFEF311
Palmarés Racing de Santander Primeira División RFEF (1): 2021/22.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en soccerway.com Datos do xogador en LaLiga Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Xogadores do Villalonga FC Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Racing de Santander