Xoán III Rizocopo (tamén chamado Ioannes Rizocopus) foi un exarca de Rávena (710).
Pouco despois de que o Papa Constantino partise para Constantinopla, atopouse con Xoán en Roma. Pouco despois Xoán foi asasinado. O pobo de Rávena fixo xefe a un tal Giorgius; este logo gañou a lealdade de Cervia, Forli, Forlimpopoli, e outras cidades. A rebelión foi finalmente reprimida, pero destruíu moita da autoridade efectiva do exarcado, que era só de importancia secundaria ata que foi finalmente eliminado en 752.
Categoría:Imperio Bizantino Categoría:Exarcas de Rávena