miniatura|250px|Plano do Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan. O Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan foi o primeiro centro de lanzamento de foguetes da China, tanto civís como militares. Está situado na rexión de Jiuquan, na provincia de Gansu, no noroeste do país.

Características O primeiro lanzamento desde Jiuquan tivo lugar o 1 de setembro de 1960 e desde el lánzanse foguetes membros da familia de lanzadores Longa Marcha. O aeroporto de Jiuquan queda a 75 km ao sur do sitio de lanzamento e o centro conta cun ferrocarril adicado que vai ata a cidade. O centro conta con todas as instalacións necesarias para cada fase da preparación dun lanzamento, desde o centro técnico ao centro de control, pasando polo control de misión, o provisionamento de propelentes, sistemas de seguimento e comunicación e soporte loxístico.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Longa Marcha Centro de lanzamento de Xichang Centro de lanzamento de Taiyuan Centro de Lanzamento de Satélites de Wenchang

Categoría:Cosmódromos Categoría:China