A selección de fútbol de Vietnam (en ) é o equipo representativo de Vietnam nas competicións oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol de Vietnam (Liên Đoàn Bóng Đá Việt Nam), pertencente á Confederación Asiática de Fútbol (AFC) e á FIFA. Alcumados os Những chiến binh sao vàng (Golden Star Warriors), aínda que nunca conseguiron participar na fase final dunha Copa do Mundo, conseguiron clasificarse para catros Copas Asiáticas. O seu mellor resultado foron os cuartos de final de 2007 e 2019.

Entre 1954 e 1976, cando o país estaba dividido en dous, existían as seleccións de e de . Coa unificación do país, chegou a unificación das dúas federacións na actual Federación de Fútbol de Vietnam. Porén, debido ás guerras nas que se viu involucrado posteriormente o país, así como a sancións internacionais, a selección non regresou até o ano 1991. Como a selección de Vietnam do Sur era membro da FIFA, a organización considera á actual selección sucesora desta.

Véxase tamén Outros artigos Selección de fútbol de Vietnam do Norte Selección de fútbol de Vietnam do Sur

Ligazóns externas Páxina web oficial da Federación de Fútbol de Vietnam Perfil de Vietnam na páxina web da FIFA

Categoría:Fútbol en Vietnam