Un dipéptido é un composto orgánico orixinado pola unión de dous aminoácidos. Os aminoácidos que o forman poden ser o mesmo ou distintos. Cando son diferentes, son posibles dous isómeros do dipéptido, dependendo da secuencia. Varios dipéptidos son fisioloxicamente importantes e algúns son importantes para o sistema nervioso e comercialmente. Un dipéptido ben coñecido é o aspartamo, un edulcorante artificial.

miniatura|A glicilglicina é o dipéptido máis simple.

Os dipéptidos son sólidos brancos. Moitos son moito máis hidrosolubles que os seus aminoácidos parantais. Por exemplo, o dipéptido Ala-Gln ten unha solubilidade de 586 g/L, o que é máis de dez veces a solubilidade da Gln (35 g/L). Os dipéptidos mostran diferentes estabilidades, por exemplo ante a hidrólise. A Gln non resiste procedementos de esterilización, mentres que o dipéptido mencionado si. Como os dipéptidos tenden a hidrolizarse, a súa alta solubilidade aprovéitase en infusións, é dicir, para proporcionar nutición.

Exemplos miniatura|O aspartamo prodúcese comercialmente como un edulcorante artificial.

Valor comercial

Uns seis dipéptidos son de interese comercial. Aspartamo (N-L-α-aspartil-L-fenilalanina 1-metil éster) é un edulcorante artificial. Carnosina (beta-alanil-L-histidina) e anserina (beta-alanil-N-metil histidina) están altamente concentrados nos tecidos muscular e cerebral. Utilízanse en medicinas deportivas. Acetilcarnosina, prevención das cataratas. Ala-Gln e Gly-Tyr, infusións. Val-Tyr, antihipertensivo.

Outros dipéptidos Homoanserina (N-(4-aminobutiril)-L-histidina), é outro dipéptido identificado no cerebro e músculo de mamíferos. Kyotorfina (L-tirosil-L-arxinina), é un dipéptido neuroactivo que xoga un papel na regulación do cerebro. Balenina (ou ofidina) (beta-alanil-N tau-metil histidina), foi identificado nos músculos de varias especies de mamíferos (incluídos os humanos) e no polo. Glorina (N-propionil-γ-L-glutamil-L-ornitina-δ-lac etil éster), é un dipéptido quimiotáctic do mofo mucoso Polysphondylium violaceum. Barettina (ciclo-[(6-bromo-8-en-triptofan)-arxinina]), é un dipéptido cíclico da esponxa mariña Geodia barretti. Pseudoprolina. Dialanina, é usada comunmente como modelo en dinámica molecular.

Produción Dipéptidos sintéticos

Os dipéptidos prodúcense por acoplamento de aminoácidos. O grupo amino dun aminoácido convértese en non nucleofilico (P en eq) e o grupo ácido carboxílico (carboxilo) do segundo aminoácido é desactivado ao seu metil éster. Os dous aminoácidos modificados combínanse despois en presenza dun axente acoplante, que facilita a formación do enlace amida: RCH(NHP)CO2H + R'CH(NH2)CO2CH3 → RCH(NHP)C(O)NH(CHR')CO2CH3 + H2O Despois desta reacción de acoplamento, o grupo P protector amino e o éster son convertidos nos grupos amino e carboxilo libres dos extremos do dipéptido, respectivamente.

Para moitos aminoácidos, os grupos funcionais fillos son protexidos. A condensación do amino e do carboxilo para formar o enlace peptídico xeralmente emprega axentes de acoplamento para activar o grupo carboxilo.

A síntese do péptido azlactona de Bergmann é unha síntese orgánica clásica para a preparación de dipéptidos.

Biosíntese Os dipéptidos prodúcense a partir de polipéptidos pola acción da hidrolase dipeptidil peptidase. As proteínas da dieta son dixeridas a dipéptidos e aminoácidos, e os dipéptidos son absorbidos máis rapidamente que os propios aminoácidos porque se captan por medio dun mecanismo diferente. Os dipéptidos activan as células G do estómago para que segreguen a hormona gastrina.

Dicetopiperazinas (dipéptidos cíclicos) miniatura|220 px|O Retosiban é un dipéptido cíclico que está a ser investigado como posible fármaco oral. As dicetopiperazinas son unha clase especial de dipéptidos, que son cíclicos. Fórmanse como produtos colaterais na sísntese de péptidos. Moitos foron producidos a partir de aminoácidos non canónicos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas An introduction to dipeptides en PeptideGuide.

Categoría:Dipéptidos