miniatura|alt=Nenos e nenas xogando aos agochos nun patio dunha aldea grega; unha nena panda cntra a parede e os outros corren para esconderse.|Nenos e nenas xogando aos agochos nun patio dunha aldea do norte de Grecia.
Os acochos, agochos, agachadas ou lebrescura é un xogo infantil moi simple, consiste en que un dos xogadores debe atopar o resto dos xogadores que se agocharon previamente. Pódese xogar nunha eira, nun bosque, nun parque, nunha casa ou calquera outro sitio que teña lugares para agocharse.}}}}
Normas do xogo O xogo presenta moitas variantes como é habitual nos xogos populares. A modo de exemplo descríbese unha:
Bótanse as sortes para saber que neno ou nena panda. O rapaz ou rapaza que panda apóiase sobre o antebrazo contra unha parede ou unha árbore. Canta a cantiga, cantarela ou cantilena do xogo (véxase máis abaixo). Conta até un número acordado, por exemplo, até 10. Mentres tanto os demais escóndense. O cativo ou cativa que panda sae á busca dos demais. Cando dá con algún, tócao e volve correndo ao lugar onde pandou e toca a parede ou árbore. Segue a buscar o resto dos xogadores e xogadoras até encontralos a todos. Se algún dos agochados volve ao lugar de pandar antes que o que pandou, berra algunha frase como "1, 2, 3, (e o seu nome)", podendo salvarse ou salvar a todos os demais consigo. Se o que panda encontra a todos os demais, o último atopado será quen pande no seguinte xogo.
Variantes do nome Este xogo pode chamarse de diversas formas:
Xogar ás agachadas. Xogar aos acochos. Xogar aos agochos. Xogar á lebrescura.
Cantigas do xogo O xogo vai frecuentemente acompañado dunha cantiga que se canta mentres un dos nenos ou nenas panda como:Un, dous, tres, zapatiño inglés,
Sen mover as mans nin os pés. Ou tamén: Un, dous, tres,
Zapatiño quieto é.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Xogo Xogos populares
Categoría:Xogos populares