Norishige Kanai, nado en Chiba (Xapón) o 5 de decembro de 1976, é un astronauta xaponés que formou parte da misión Soiuz MS-07 e foi membro da Expedición 54 e a Expedición 55 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Kanai graduouse no Colexio Médico de Defensa Nacional en marzo de 2002. Despois de graduarse traballou como cirurxián e como oficial médico no mesmo centro. Foi seleccionado como candidato a astronauta pola axencia espacial xaponesa JAXA en setembro de 2009.P articipou na misión Soiuz MS-07 e foi membro da Expedición 54 e a Expedición 55 á Estación Espacial Internacional, pasando 168,22 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz MS-07 Expedición 54 Expedición 55 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas do Xapón Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados na prefectura de Chiba