Vladimir Mikhailovich Komarov, nado en Moscova o 16 de marzo de 1927 e finado o 24 de abril de 1967, foi un cosmonauta soviético que formou parte das misións Voskhod 1 e Soiuz 1.

Traxectoria Komarov adestrouse como cosmonauta entre marzo de 1960 e abril de 1961, participando nas misións Voskhod 1 e Soiuz 1, falecendo nesta última debido a que o paracaídas da cápsula de retorno se enredou, resultando nun impacto a alta velocidade contra o solo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Voskhod 1 Soiuz 1

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Nados en Moscova Categoría:Finados na exploración espacial