Dave Krusen, nado en Tacoma, Washington, o 10 de marzo de 1966, é un batería de rock estadounidense.

Traxectoria

Coñecido polo seu traballo na gravación do primeiro álbum de Pearl Jam, Ten. Tamén foi o segundo batería de Candlebox, uníndose á banda en 1997 despois da saída de Scott Mercado. Recentemente formou unha banda en Seattle chamada Novatone.

Vida persoal

Na actualidade Krusen vive nos Ánxeles coa súa muller e os seus dous fillos.

Categoría:Baterías Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Tacoma, Washington