Francisco Javier Novelle Secades, nado en Oviedo (Asturias) o 15 de agosto de 1950 e morto na Coruña o 14 de agosto de 2020, foi un activista difusor científico e profesor que desenvolveu a súa actividade en Galicia.
Traxectoria
Impulsor da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias dende a súa fundación, foi tesoureiro, secretario e despois, presidente de 2006 ata a súa morte, levou a celebración do Día da Ciencia na Rúa ata a XXV edición (unha edición que non puido celebrarse pola alarma sanitaria da COVID-19 ).
Cualificado como 'un home que nunca deixou de aprender', adicouse a difundir o coñecemento usando como ferramenta principal a AACC, pero tamén a través da súa labor docente como profesor de tecnoloxía no IES Calvo Sotelo da Coruña ou pola Asociación de Ensinantes de Fabricación Mecánica (Enfamec).
Notas
Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Nados en 1950 Categoría:Profesores Categoría:Finados en 2020