O Pereiro de Aguiar é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2017 tiña 6.228 habitantes (5.326 en 2003).

Demografía

Censo total 6228 (2017) Menores de 15 anos 870 (13,97 %) Entre 15 e 64 anos 3812 (61,21 %) Maiores de 65 anos 1546 (24,82 %)

Xeografía O concello, de 60,9 km², abrangue 13 parroquias. Está situado ao sur do río Miño.

Historia Existen petróglifos e restos de mámoas-medorras. Da Idade do Ferro son os castros de Chaodarcas, Covas, Melias, Sabadelle e Outeiromeau. No lugar dos Baños atopáronse restos de cerámica e lápidas da época da romanización de Galiza.

Festas A romaría dos Gozos ten lugar no santuario da Nosa Señora dos Gozos. Nela hai oficios relixiosos, unha novena en honor á Virxe e unha procesión con numerosas ofrendas.

Infraestruturas No concello está o centro penitenciario do Pereiro de Aguiar.

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares do Pereiro de Aguiar Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Pereiro de Aguiar vexa: Lugares do Pereiro de Aguiar.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais no Pereiro de Aguiar

Categoría:O Pereiro de Aguiar