A glaciación Gaskiers é un período do que se encontran amplos depósitos glaciares (por exemplo, diamictitas) que duraron 340 000 anos, datados entre hai 579,63 ± 0,15 e 579,88 ± 0,44 millóns de anos, é dicir, no final do período ediacariano, polo que é o último episodio glacial importante do Precámbrico.F. M. Gradstein, Gabi Ogg, Mark Schmitz, The Geologic Time Scale, Elsevier, 2012, p. 428.

Os depósitos atribuídos ao Gaskiers, asumindo que foron todos depositados ao mesmo tempo, atopáronse en oito paleocontinentes separados, que nalgúns casos estaban preto do ecuador (a unha latitude de 10-30°). A sección de 300 m de grosor que leva ese nome atopada en Gaskiers (Terra Nova) está chea de rochas intercaladas no depósito (dropstones) estriadas. Os seus valores isotópicos δ13C son realmente baixos (arredor do 8‰), o que concorda cun período de anormalidades ambientais. O estrato descansa xusto por riba dos fósiles máis vellos da biota de Ediacara, o que orixinou suxestións inicias como que o paso da glaciación puido achaiar o camiño para a evolución destes estraños organismos. Métodos de datación máis axeitados mostraron que hai de feito un oco de 9 millóns de anos entre as diamictitas e os microfósiles de hai 570 millóns de anos.

Notas

Categoría:Glacioloxía