Jack Irons, nado nos Ánxeles (California) o 18 de xullo de 1962, é un batería que tocou en bandas como Red Hot Chili Peppers, Redd Kross, Raging Slab, Joe Strummer and Latino Rockabilly War, Pearl Jam e Eleven. No ano 2004 Irons editou o seu primeiro traballo en solitario, Attention Dimension. O 24 de agosto de 2010 volveu publicar outro álbum en solitario, titulado No Heads Are Better Than One.
Categoría:Baterías Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados nos Ánxeles