Digital Garbage é o décimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Mudhoney, publicado o 19 de setembro de 2018 a través do selo Sub Pop Records, sendo o seu sétimo álbum editado por esta discográfica.
Recepción Digital Garbage tivo recensións xeralmente positivas da maioría dos críticos musicais. En Metacritic asignan unha puntuación de "media ponderada" de 100 ás críticas e valoracións dos principais críticos, e o álbum recibiu unha puntuación de 75, baseada en 17 recensións. Mark Deming de AllMusic afirmou que "Digital Garbage non é o gran álbum de protesta de Mudhoney, pero como reacción a un tempo caótico e divisivo, é poderosamente elocuente ao seu xeito sucio, e demostra que aínda poden soar como nada máis que eles mesmos sen estar atados ao pasado. Vén pola rabia de Digital Garbage e quédate polo rock. Ambos séntense intensos e purificadores".
AllMusic escolleuno como un dos seus discos de rock favoritos de 2018, e Mojo situouno no 55 da súa lista dos 75 mellores álbums de 2018.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Mudhoney Categoría:Álbums musicais de 2018