O Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo adícase á investigación na área da lingüística computacional. Fundado por Xavier Gómez Guinovart, as liñas de investigación prioritarias do SLI céntranse no ámbito das tecnoloxías da lingua galega: procesamento de córpora textuais, aplicacións lexicográficas e terminolóxicas, análise lingüística automática, tradución automática, e correctores ortográficos e gramaticais.
Algúns dos principais recursos públicos desenvolvidos polo SLI son tradutores automáticos, correctores ortográficos en liña, dicionarios técnicos, corpus lingüísticos e ferramentas de análise lingüística en liña (véxanse as ligazóns externas para máis detalles).
Os recursos están dispoñíbeis na páxina Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo Corpus Técnico do Galego OrtoGal
Ligazóns externas
Web institucional do Seminario de Lingüística Informática http://sli.uvigo.es/tradutor/ Tradutor automático español <-> galego OpenTrad/Apertium Ortogal OrtoGal - Corrector ortográfico en liña de galego http://sli.uvigo.gal/galnet/ Galnet, rede léxico-semántica WordNet do galego http://gl.dbpedia.org/wiki/ DBpedia do galego RILG Plataforma RILG (de Recursos Integrados da Lingua Galega) CLIG Dicionario CLUVI inglés-galego http://sli.uvigo.gal/CTG Corpus Técnico do Galego (CTG) http://sli.uvigo.gal/lingua/ FreeLing Galego - Análise lingüística automática do galego
Categoría:Representación do coñecemento Categoría:Lingüística computacional Categoría:Entidades de promoción do galego Categoría:Universidade de Vigo