miniatura|LES-1 antes do lanzamento. Lincoln Experimental Satellite ou LES foi unha serie de satélites artificiais dos Estados Unidos adicados a probar novas técnicas de comunicación.

Características Os satélites LES eran construídos polo Lincoln Laboratory do MIT para a Forza Aérea dos Estados Unidos como parte dun programa para probar novos e satélites en órbita. Lanzáronse oito satélites LES entre 1965 e 1976, máis unha sétima unidade (LES 7) que se cancelou.

LES 1 e 2 Os dous primeiros satélites LES lanzáronse en 1965, o primeiro o 11 de febreiro e o segundo o 6 de maio, os dous usando foguetes Titan 3A. Ambos satélites eran case idénticos e tiñan unha masa de 31 e 37 kg respectivamente. Levaban a bordo un transpondedor en banda X e unha antena de corno conmutable electronicamente. Ademais das probas de comunicacións leváronse a cabo experimentos co control de actitude e con varios sensores. LES-1 non acadou a súa órbita definitiva debido a un problema coa última etapa do seu foguete lanzador, e cumprindo so parcialmente a súa misión. Deixou de transmitir en 1967, pero en 2013 o satélite volveu emitir sinais de forma inesperada, posiblemente debido a que as súas baterías fallaron de tal xeito que transmiten directamente electricidade ao transmisor cando o satélite se expón á luz solar.

LES 3 LES 3 foi lanzado o 21 de decembro de 1965 mediante un Titan 3C, quedando nunha órbita incorrecta por problemas co foguete lanzador. A misión do satélite era servir como emisor dun sinal UHF para facer experimentos de propagación utilizando receptores situados en terra e en aeronaves. Tiña unha masa de 16 kg e alimentábase mediante células solares. Reentrou na atmosfera o 6 de abril de 1968.

LES 4 A misión de LES 4 foi similar á de LES 1 e 2. Tiña unha masa de 52 kg, estaba cuberto por células solares e estabilizábase mediante xiro. Levaba a bordo tamén unha antena de corno e estaba previsto inxectalo en órbita xeocéntrica. Foi lanzado o 21 de decembro de 1965 no mesmo foguete que LES 3, e debido ao mesmo fallo no foguete non chegou á súa órbita prevista. LES 4 levaba tamén a bordo un instrumento para medir a enerxía dos electróns na súa órbita. A pesar dos problemas de non estar na órbita prevista, LES 4 levou a cabo algúns dos seus obxectivos. Reentrou na atmosfera o 1 de agosto de 1977

LES 5 LES 5 foi posto nunha órbita case xeoestacionaria mediante un Titan 3C o 1 de xullo de 1967. Con 194 kg e forma cilíndrica, o satélite fixo probas na banda de UHF e levaba a bordo experimentos para estudar a interferencia en radiofrecuencia e a degradación das células solares no espazo. Foi desactivado en maio de 1971, pero a principios de 2020 comezou a enviar telemetría de maneira inesperada.

LES 6 LES 6, con 163 kg, era case idéntico a LES 5. Foi lanzado o 26 de setembro de 1968 cun Titan 3C e tamén estaba adicado a experimentos en UHF e levaba experimentos de radiointerferencia, degradación de células solares e, adicionalmente, un prototipo de sistema de mantemento autónomo da posición en órbita. Foi apagado a principios de 1976 despis de cumprir a súa misión para non interferir co satélite Marisat 1, lanzado en febreiro de 1976.

LES 8 e 9 LES 8 e 9 foron lanzados o 15 de marzo de 1976 a bordo do mesmo foguete Titan 3C. Cada un tiña unha masa de 454 kg e estaban alimentados por xeradores termoeléctricos de radioisótopos. A súa finalidade era probar métodos para separar datos e voz nas comunicacións por satélite. Foron postos en órbita xeoestacionaria, cunha separación de 90º entre eles, e levaron a cabo a primeira ligazón en banda K entre satélites. Tamén probaron propulsores ablativos de plasma pulsado como método para manter a posición.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasLES 111 de febreiro de 1965Titan 3AFalloLES 26 de maio de 1965Titan 3AÉxitoLES 321 de decembro de 1965Titan 3CFallo parcialLES 421 de decembro de 1965Titan 3CFallo parcialLES 51 de xullo de 1967Titan 3CÉxitoLES 626 de setembro de 1968Titan 3CÉxitoLES 815 de marzo de 1976Titan 3CÉxitoLES 915 de marzo de 1976Titan 3CÉxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Titan 3A Titan 3C

Categoría:Satélites artificiais