Xosé Miguel Pérez Blecua, nado en San Xoán de Río en 1985, é un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria Enxeñeiro de telecomunicacións pola Universidade de Vigo. Militou en AMI. Foi fundador e presidente da Asociación Cultural RíoMola, e da Asociación Xuvenil Río. Foi elixido concelleiro de San Xoán de Río polo BNG nas eleccións municipais de 2007 e foi concelleiro de Cultura, Deporte e Benestar Social nese mandato. Despois pasou a militar en Anova-Irmandade Nacionalista. Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura da Agrupación de Electores de San Xoán de Río (RIO) e foi elixido alcalde con maioría absoluta. O 25 de agosto de 2020 afiliouse ao PPdeG pero manténdose como alcalde da Agrupación de Electores RIO. Nas municipais de 2023 encabezou a candidatura do PPdeG e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nese mandato pasou a formar parte do goberno da Deputación de Ourense.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en San Xoán de Río
Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Alcaldes de San Xoán de Río Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en San Xoán de Río Categoría:Nados en 1985 Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes