A Academia de Ciencias de Francia (en francés, Académie des sciences) é a institución francesa que: «Anima e protexe o espírito da investigación, e contribúe ao progreso das ciencias e as súas aplicacións».
Creada en 1666, durante o reinado de [Lois XIV baixo o patrocinio do seu primeiro ministro Jean-Baptiste Colbert, contou inicialmente con científicos como René Descartes, considerado o pai da filosofía, Blaise Pascal e Pierre de Fermat.
Trátase dunha das cinco academias francesas que constitúen o actual Instituto de Francia.
Foi a primeira institución que adoptou e sistema métrico decimal como sistema universal.
Historia miniatura|Luis XIV na Academia en 1671.
O 20 de abril de 1699, Lois XIV dá á Academia Real de Ciencias o seu primeiro regulamento: composta nun principio por 70 membros, a Academia recibe o título de real e instálase no Louvre.
Durante o século XVIII contribúe ao movemento científico do seu tempo por medio das súas publicacións, e xoga un rol de asesor para o poder. O 8 de agosto de 1793, a Convención Nacional suprime todas as academias. Dous anos máis tarde, o 22 de agosto de 1795, foi creado no seu lugar un "Instituto Nacional de Ciencias e Artes" reagrupando as antigas academias científicas, literarias e artísticas. A primeira clase do "Instituto de Ciencias Físicas e Matemáticas" foi a máis numerosa, con 66 membros de 144.
En 1816, a Academia de Ciencias recupera a súa autonomía participando no Instituto de Francia. O xefe do Estado é o seu protector.
En 1835, baixo a influencia de François Arago, foron creadas as «Actas da Academia de Ciencias», que volve a ser un instrumento de primeira importancia para a difusión de traballos de científicos franceses e estranxeiros.
Membros distinguidos Algúns dos membros máis distinguidos desta institución foron: Pierre Simon Laplace, Henri Léon Lebesgue, Joseph Fourier, Simeon Poisson, Jean-Victor Poncelet, Henri Poincaré, Charles Hermite, Émile Borel, Alfred Grandidier, Frederick Sanger, Pedro Vicente Maldonado, Antoine Lavoisier, Louis Pasteur.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Academie des Sciences — Páxina oficial da Academia . Páxina coa lista completa dos membros da Academia . Discurso pronunciado por Nicolas de Condorcet en nome da Academia de Ciencias, na Asemblea Nacional francesa, en favor do sistema métrico internacional («Discours à l'Assemblée nationale, au nom de l'Académie des Sciences (12 de junio de 1790)». Unha ligazón para ser conscientes da grande importancia da Academia na época (e na actualidade), na que se ve a intervención da Academia na vida política e como intenta resolver os problemas que se presentan na sociedade, e a súa posta en práctica. Gallica.bnf.fr (buscar: Comptes Rendus). As Comptes Rendus («Actas da Academia de Ciencias»), un instrumento de primeira importancia para a difusión de traballos de científicos franceses e estranxeiros. Están dispoñíbeis na Biblioteca Nacional de Francia.
Categoría:Academias de Francia Categoría:Sociedades científicas Categoría:Institucións científicas de Francia