½ plack de Xacobe VI (1567-1625)260x260px· IACOBVS · 6 · D · G · R · SCOTORVM ·; o rei con armadura e de a cabalo.· SPERO · MELIORA ·, escudo coroado.½ plack. BI. 17 mm. 0,63 g. "1 Rider - James VI 7th coinage". Numista.

O plack (inglés: plack; gaélico escocés: plang), foi unha moeda escocesa de billón introducida por Xacobe III de Escocia (1460-1488), inicialmente cun valor de 4 peniques escoceses (1/60 da libra escocesa)."Plack". En Frey, A. R. (1916). Páxina 184."Plack". En Martinori, E. (1915) . Páxina 395."Plack". En Dictionary of the Scots Language. 2004. Scottish Language Dictionaries Ltd.

O seu nome deriva do dunha moeda miúda francesa, a plaque"Plaque de Tournai". En Martinori, E. (1915) . Páxina 397., chamada así por estar cuñada nunha fina placa de metal.Klütz, K. (2004).

Historia O creador do plack dentro do sistema monetario do Reino de Escocia foi Xacobe III. Tratábase dunha moeda de billón con valor de 4 peniques, cun peso de 31,41 grans (2,03 gramos) e unha lei da aliaxe de 500/1000, cuñada na casa de moeda de Edimburgo."1 Plack - James III". Numista.

Continuaron coa emisión desta moeda Xacobe IV (1488-1513) e Xacobe V (1513-1542), quen baixou o contido en prata ata unha lei de 250/1000, aínda que mantendo o mesmo peso e o mesmo valor."1 Plack - James IV". Numista."1 Plack - James V". Numista.

Baixo María Estuardo (1542-1567) rebaixouse o seu peso a 29,44 grans e a lei a 83/1000, conservando o valor de 4 peniques."1 Plack - Mary I". Numista.

En tempos de Xacobe VI (1567-1625) cuñouse entre os anos 1583 e 1590 cunha lei de 250/1000 e subíuselle o valor ata os 8 peniques."1 Plack - James VI". Numista. No entanto, en 1594 foi substituído polo coñecido como saltire plack ("plack do sautor"), chamado así pola cruz de Santo André do seu anverso, cun peso similar, unha lei novamente abaixada a 83/1000 e o valor inicial de catro peniques."Fourpenny Plack - James VI". Numista."Coin (Obverse), saltire plack, from reign of James VI". National Museums Scotland.Murray, J. K. R. (1972).

Xacobe VI cuñou tamén o valor de medio plack."½ Plack - James VI". Numista.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Libra escocesa Penique escocés Moeda escocesa

Bibliografía

Bateson, D, (1987). Scottish Coins. Shire Publications Ltd. ISBN 0-85263-847-7 Burns, E. (1887). The Coinage of Scotland. Volume I, volume II, volume III. Black, Edimburgo. Clarke, J. (1980). "Some Placks and Base Groats of James III of Scotland" (con M. R. Cowell). En Metcalf, D. M.; Oddy, W. A. (eds). Metallurgy in Numismatics I. Royal Numismatic Society. Páxinas 180-183. ISBN 9780901405142 De Cardonnel, A. (1786). Numismata Scotiæ or a series of the scottish coinage, from the reign of William the Lion to the Union. Edimburgo. G. Nicol. Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50. Grueber, H. (1899). Handbook of the Coins of Great Britain and Ireland in the British Museum. Londres. [Reimpresión en 1970; ISBN 1-4021-1090-1] Holmes, N. (1998). Scottish Coins. Edimburgo. NMS Publishing. ISBN 1-901663-02-7 Holmes, N. (2006). Sylloge of Coins of the British Isles. 58. Scottish Coins in the National Museum of Scotland, Edinburg. Part I. Oxford University Press. ISBN 0-19-726328-3 Klütz, K. (2004). Münznamen und ihre Herkunft. Viena. Moneytrend Verlag. ISBN 3-9501620-3-8 Mackay, J.; Mussel, J. (2016). Coin Price Guide to British Coins. Token Publishing Ltd. Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale. Istituto italiano di numismatica, Roma. Murray, J. K. R. (1972). "The Billon Coinages of James VI of Scotland". En The Nimismatic Chronicle. Royal Numismatic Society. Vol. 12. Páxinas 177-182. Seaby, P.; Purvey, F. (1984). Coins of Scotland Ireland and the Islands. Sanford J. Durst. ISBN 978-0900652646 Stewart, I. (1955). The Scottish Coinage. Londres. Spink & Son.

Ligazóns externas

Scottish Coins

Categoría:Moedas de Escocia Categoría:Moedas fóra de curso