George David Low, nado en Cleveland, Ohio, o 19 de febreiro de 1956 e finado o 15 de marzo de 2008, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-32, STS-43 e STS-57.

Traxectoria Low graduouse en enxeñaría física pola Universidade de Washington e Lee en 1978 e en enxeñaría mecánica pola Universidade Cornell en 1980, cun máster en aeronáutica e astronáutica pola Universidade Stanford en 1983.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1984, participando nas misións STS-32, STS-43 e STS-57 e pasando un total de 29,75 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-32 STS-43 STS-57

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1956 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Nados en Ohio