Shannon Matilda Wells Lucid, nada en Shanghai o 14 de xaneiro de 1943, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte das misións STS-51-G, STS-34, STS-43, STS-58, STS-76 e STS-79.

Traxectoria Lucid graduouse en química pola Universidade de Oklahoma en 1963 e é máster e doutora en bioquímica pola mesma universidade en 1970 e 1973 respectivamente.

Foi seleccionada como astronauta pola NASA en xaneiro de 1978, participando nas misións STS-51-G, STS-34, STS-43, STS-58, STS-76 e STS-79. Pasou un total de 223,12 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-51-G STS-34 STS-43 STS-58 STS-76 STS-79

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Shanghai