Steven Glenwood MacLean, nado en Ottawa o 14 de decembro de 1954, é un astronauta canadense que formou parte das misións STS-52 e STS-115.

Traxectoria MacLean graduouse en física en 1977 e obtivo un doutoramento en 1983 pola mesma materia pola Universidade York en Toronto.

Foi seleccionado como astronauta pola Axencia Espacial Canadense (CSA) en decembro de 1983, participando nas misións STS-52 e STS-115 e pasando un total de 21,67 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-52 STS-115

Categoría:Astronautas do Canadá Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Ottawa