miniatura|Unha réplica de Magion 3 no Museo Técnico Nacional en Praga. Magion foi unha serie de satélites artificiais científicos da República Checa.

Características Os satélites Magion foron satélites checos deseñados para estudar a magnetosfera e a ionosfera terrestres. Houbo cinco satélites Magion, lanzados entre 1978 e 1996 a bordo de diferentes tipos de foguetes.

Magion 1 Magion 1 foi lanzado como un subsatélite do satélite soviético Interkosmos 18 o 24 de outubro de 1978 mediante un foguete Kosmos 3M. Estabilizábase magneticamente levaba experimentos ionosféricos relacionados co proxecto de Estudo Magnético Internacional. Tiña forma de caixa de 30 x 30 x 15 cm. O satélite adicábase principalmente a medir sinais VLF.

Magion 2 Magion 2 foi subsatélite de Interkosmos 24 e tiña unha masa de 65 kg, cunha forma poliédrica distinta á de Magion 1 e similar á que terían o resto de membros da serie de satélites Magion. Tiña unha serie de mastros con sensores, un sistema de recolección de datos dixital e un sistema de propulsión baseado en gas. Estaba adicado a investigar a estrutura dos fenómenos asociados á inxección de plasma na magnetosfera terrestre. Foi lanzado o 28 de setembro de 1989 mediante un foguete Tsiklon-3.

Magion 3 Magion 3 funcionou como subsatélite de Interkosmos 25 co obxectivo de estudar a radiofrecuencia nas áreas aurorais, a dinámica dos feixes modulados e os plasmoides no plasma próximo á Terra, a natureza da relación electrodinámica das ondas electromagnéticas na magnetosfera e a ionosfera e á busca de solitóns electromagnéticos en contornas perturbadas. Foi enviado ao espazo o 18 de decembro de 1991 mediante un Tsiklon-3.

Magion 4 e Magion 5 Ambos satélites foron destinados ao mesmo proxecto, no que servirían de subsatélites aos satélites Interbol 1 e Interbol 2 para estudar os mecanismos físicos responsables da transmisión da enerxía do vento solar á magnetosfera, o seu almacenamento alí e a posterior disipación na magnetocola e nas zonas aurorais. Magion 4 ou S2-X (subsatélite de cola, en ruso) estudaría a zona da magnetocola, mentres que Magion 5 ou S2-A (subsatélite da aurora) orbitaría cruzando os óvalos aurorais para medir a aceleración das partículas aurorais e o fluxo de correntes eléctricas que conectan a magnetocola e a ionosfera. Magion 4 foi lanzado o 2 de agosto de 1995 e Magion 5 o 29 de agosto de 1996, ambos a bordo de foguetes Molniya M.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasMagion 124 de outubro de 1978Kosmos 3MÉxitoMagion 228 de setembro de 1989Tsiklon 3ÉxitoMagion 318 de decembro de 1991Tsiklon 3ÉxitoMagion 42 de agosto de 1995Molniya MÉxitoMagion 529 de agosto de 1996Molniya MÉxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Kosmos 3M Tsiklon-3 Molniya M

Categoría:Satélites artificiais