O Rally de Ferrol de 1989 foi a 20ª edición de dito rally e a última proba da tempada 1989 do Campionato de Galicia de Rally.

Celebrouse entre o 2 e o 3 de novembro de 1989 e os vencedores foron Carlos Piñeiro e o seu copiloto Julio Orozco, a bordo dun Ford Sierra Cosworth. O noiés Arturo Rial proclamouse campión galego tras o abandono de Germán Castrillón.

Itinerario O rally dividiuse en dúas etapas, unha o sábado 2 e outra o domingo 3 de novembro. Na primeira delas déronse tres pasadas polos treitos de Ferreira-Recemel (13,6 km) e Cerdido (7,9 km), mentres que a segunda etapa consistiu en dúas pasadas polos treitos de Doroña (7,5 km) e Vilamateo (7 km).

Desenvolvemento O Ford Sierra Cosworth de Carlos Piñeiro e Julio Orozco colocouse líder xa dende o inicio e foi aumentando a diferenza con Marc Etchebers e Humberto González, con idéntico coche. Por detrás deles fóronse alternando na terceira praza Germán Castrillón, Manuel Senra e Arturo Rial, sendo este último o que conseguiu o terceiro posto final, despois de que Castrillón abandonase por problemas co cambio e Senra queimase a xunta da culata perdendo moito tempo e chegando finalmente quinto por detrás de José Montero. Deste xeito Rial proclamouse campión galego por primeira vez, e Senra gañou a Copa Renault.

Clasificación PosPilotoCopilotoAutomóbilTempo1 Carlos Piñeiro Julio OrozcoFord Sierra Cosworth59:082 Marc Etchebers Humberto GonzálezFord Sierra Cosworth59:343 Arturo Rial Lalo BlancoCitroën AX Sport1h01:424 José Montero Eladio AnlloLancia Delta Integrale1h02:275 Manuel Senra José MaceirasRenault 5 GT Turbo1h03:246 Javier Arias Jaime MartínezOpel Manta GTE1h03:267 Miguel Dopico Roberto LorenzoPeugeot 205 Rallye1h03:308 José María Banga Modesto GonzálezCitroën AX Sport9 López Castrillón José ValcárcelRenault 5 GT Turbo10 José Carlos Alonso Rubén ComesañaCitroën AX Sport12 Javier BolloOpel Corsa GSIAbandonos- Germán Castrillón Estrella CastrillónRenault 5 GT Turbo-- Carlos TáboasCitroën AX Sport-- Miguel Fontao-

Notas

Categoría:Rally de Ferrol Categoría:Tempada 1989 do Campionato de Galicia de Rally