Celso González Rodríguez, finado en Ourense o 9 de febreiro de 1937, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Foi presidente da Casa do Pobo de Ribadavia. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Ourense por rebelión militar cos agravadas de perversidade e transcendencia, foi condenado a pena de morte e executado no Campo de Aragón xunto cos veciños de Ribadavia Benito Gallego Montero, Andrés Centrón Rodríguez e Fidel Blanco Leboso o 9 de febreiro de 1937.

Véxase tamén Ligazóns externas Celso González Rodríguez, Pesidente da Casa do Pobo de Ribadavia.

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Finados en 1937