O Tampereen Palloilijat, tamén coñecido como TaPa, é un club deportivo da cidade de Tampere (Finlandia) adicado á práctica do fútbol e o fútbol sala, aínda que chegou a contar tamén con sección de hóckey sobre xeo que conquistou o campionato finlandés en 1931. O club foi fundado en 1921, sendo o club de fútbol máis antigo de Tampere.

Ata 17 xogadores do club teñen vestido a camisola das seleccións finlandesas.

Fútbol O TaPa fundouse en 1921 por un grupo de entusiastas do fútbol que se reunían na parte de atrás da Tampereen Musiikkikaupan, fundando deste xeito o club de fútbol máis antigo da cidade de Tampere. Os membros do club construíron o primeiro campo de fútbol en 1924, que foi inaugurado cun partido fronte ao HIFK de Helsinqui no que os locais venceron por tres goles a dous, e tres anos despois, o equipo clasificouse para as semifinais do campionato finlandés, caendo fronte o Helsingin Palloseura (HPS).

En 1969 TaPa e TPallo fusionáronse para converterse no Tampellan Palloilijat (tamén TaPa). O Tampellan xogou na máxima categoría do fútbol finlandés durante as tempadas 1972 e 1973.

Na tempada 2020, o seu equipo masculino competiu na Nelonen, o quinto nivel do fútbol finlandés, logo de ascender en 2019 tras finalizar segundo do seu grupo na Vitonen.

Fútbol sala O equipo masculino de fútbol sala conseguiu finalizar primeiro no seu grupo na tempada 2919-20 da Futsal-Kolmonen, conseguindo deste xeito o ascenso á Futsal Kakkonen, terceira categoría do fútbol sala finlandés.

Hóckey sobre xeo O TaPa tamén contou cunha sección de hóckey sobre xeo, que participou na tempada inaugural do campionato finlandés, na que chegou ás semifinais, onde caeu fronte o Viipurin Reipas, que se proclamaría finalmente campión. Logo de non tomar parte na competición na tempada 1928-29, na templada 1930-31 chegou o seu maior logro tras alzarse co campionato logo de derrotar na final o Helsingin Jalkapalloklubi (HJK) 2-1. En 1946 a sección aínda estaba activa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de TaPa

Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Tampere Categoría:Equipos de fútbol de Tampere Categoría:Equipos de fútbol de Finlandia