Richard Alan "Rick" Mastracchio, nado en Waterbury, Connecticut, o 11 de febreiro de 1960, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-106, STS-131, STS-118 e Soiuz TMA-11M e foi membro das 38 e 39 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Mastracchio graduouse en enxeñaría eléctrica e ciencias informáticas pola Universidade de Connecticut en 1982 e é máster en enxeñaría eléctrica polo Instituto Politécnico Rensselaer en 1987 e máster en física pola Universidade de Houston-Clear Lake en 1991.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1996, participando nas misións STS-106, STS-131, STS-118 e Soiuz TMA-11M e sendo membro das expedicións 38 e 39 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 227,57 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-106 STS-131 STS-118 Soiuz TMA-11M Expedición 38 Expedición 39 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Connecticut