miniatura|250px|Un dos MER na superficie de Marte.

Mars Exploration Rover ou MER foron un par de róvers da NASA enviados a explorar Marte.

Características A NASA deseñou e construíu dous vehículos de superficie para a exploración de Marte na ventá de lanzamento de 2003 aos que denominou xenericamente Mars Exploration Rovers ou MER, e denominando a un deles MER 1 e ao outro MER 2. Eventualmente a MER 1 se lle coñecería como Opportunity e ao MER 2 como Spirit. De maneira un tanto confusa, a NASA denominou a conxunto de etapa de cruceiro e MER 2 durante a viaxe ata Marte como MER A e á etapa de cruceiro xunto con MER 1, MER B.

Cada MER tiña unha masa duns 130 kg estaban baseados no deseño do rover Athena pensado para a misión Mars 2001 Lander, que nunca chegou a levarse a cabo. A configuración de cruceiro, cunha etapa de entrada atmosférica protexendo ao róver correspondente e unha etapa de cruceiro, co sistema de control, enerxía e propulsión, estaba baseada na da misión Mars Pathfinder, e os MER aterraron en Marte usando o mesmo sistema que nesa misión: paracaídas e airbags.

MER A foi lanzado mediante un Delta 7925 o 10 de xuño de 2003 e MER B o 8 de xullo de 2003 cun Delta 7925H, os dous desde Cabo Cañaveral. Spirit chegou a Marte o 4 de xaneiro de 2004, aterrando no cráter Gusev. Opportunity tocou terra en Meridiani Planum o 25 de xaneiro dese mesmo ano. A misión principal dos vehículos tiña unha duración de 90 días, pero alongouse varios anos grazas á resistencia e bo deseño de ambos róvers. Spirit finalmente deixou de comunicarse coa Terra o 22 de marzo de 2010, mentres que Opportunity continúa enviando datos.

Instrumentos

Os MER levaban os seguintes instrumentos a bordo:

Unha cámara panorámica (Pancam). Unha ferramenta de abrasión de rochas (RAT) para estudar superficies recentemente expostas. Un espectrómetro térmico infravermello en miniatura (MiniTES). Un cámara con microscopio. Un espectrómetro Mössbauer. Un espectrómetro de protóns, raios alfa e raios X (APXS).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delta 7925 Delta 7925H Spirit Opportunity

Categoría:Satélites artificiais Categoría:Misións a Marte