Antonia e Jane (en ) é un filme británico de 1991 dirixido por Beeban Kidron e protagonizado por Saskia Reeves e Imelda Staunton. Conta a historia de dúas mulleres amigas que tiveron unha relación de amor e odio dende a súa nenez. A historia está presentada en escenas de flashback narradas polos dous personaxes á súa terapeuta, antes da súa reunión anual.

Estreouse en galego o 28 de xullo de 1999 a través da TVG.La Voz de Galicia, 28 de xullo de 1999. Páx. 87

Personaxes Imelda Staunton como Jane Hartman Saskia Reeves como Antonia McGill Brenda Bruce como a terapeuta Bill Nighy como Howard Nash

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1991 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Beeban Kidron Categoría:Filmes con banda sonora de Rachel Portman Categoría:Filmes de 1991 con versión en galego