O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurado con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981, estaba formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados. Así e todo, desde a primeira lexislatura fixouse o seu número en 75, que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de 4 anos. Destes 75, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense.Decreto 92/2016

Posición estatutaria Asignación de escanos De acordo co artigo 9.1 do Título III da Lei 8/1985, de 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, o Parlamento de Galicia está composto por 75 deputados. Estes son elixidos polas catro circunscripcións electorais galegas, que corresponden coas catro provincias da comunidade autónoma. Cada unha delas elixe un número diferente de deputados, tal e como marcan os artigos 9.2 e 9.3 da citada lei. A cada unha das catro provincias de Galicia correspóndelle un mínimo inicial de 10 deputados, mentres que os 35 restantes distribúense entre as provincias en proporción á súa poboación. En 2024 esta é a distribución de escanos que se segue: Provincia da Coruña: 10 + 15 = 25 deputados Provincia de Lugo: 10 + 4 = 14 deputados Provincia de Ourense: 10 + 4 = 14 deputados Provincia de Pontevedra: 10 + 12 = 22 deputados

O mandato dos deputados remata catro anos despois da súa elección ou o día da disolución da Cámara, dereito correspondente á presidencia da Xunta de Galicia.

Funcións Exercer a potestade lexislativa da Comunidade Autónoma. Controlar a acción executiva da Xunta de Galicia. Aprobar os seus orzamentos. Designar para cada lexislatura das Cortes Xerais os senadores representantes da Comunidade Autónoma galega. Escoller de entre os seus membros a Presidencia da Xunta. Esixirlles responsabilidades á Xunta de Galicia e ao seu presidente. Solicitar do Goberno do Estado a adopción de proxectos de lei. Presentar ante a Mesa do Congreso dos Deputados proposicións de lei. Interpoñer recursos de inconstitucionalidade. Presentarse perante o Tribunal Constitucional nos supostos e termos previstos nas leis.

O Parlamento, órgano inviolable, representa o pobo galego e constitúe a primeira das institucións da Comunidade Autónoma, da que derivan todas as demais.

Historia Ao igual que os parlamentos de País Vasco, Cataluña e Andalucía, o Parlamento de Galicia foi constituído tralas primeiras eleccións autonómicas, celebradas en 1981, a partir da redacción do Estatuto de Autonomía polo procedemento marcado ni artigo 151.2 da Constitución, polos membros das Cortes Xerais elixidos nas provincias correspondentes na primeira lexislatura da monarquía, presidida por Adolfo Suárez.

A primeira sesión constitutiva do Parlamento de Galicia tivo lugar o 19 de decembro de 1981 (I Lexislatura) no Pazo de Xelmírez, unha vez celebradas as primeiras eleccións autonómicasda historia de España, o 20 de outubro de 1981.

Previamente, o 18 de maio de 1981, entrara en vigor o Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado no referendo celebrado o 21 de decembro de 1980.

Composicións históricas

Sede

miniatura|esquerda|Pazo do Hórreo.

miniatura|Sede do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela. O pazo de Xelmírez foi a sede provisional do Parlamento de Galicia desde a súa constitución o 19 de decembro de 1981Fotografía dos parlamentarios achegándose aquel día ó acto de constitución no Pazo de Xelmírez. ata que se trasladou ó pazo de Fonseca no verán de 1982 e, finalmente, á actual sede no pazo do Hórreo en marzo de 1989. Para conmemorar os 30 anos da institución, o 19 de decembro de 2011 celebrouse no pazo de Xelmírez unha sesión extraordinaria do Parlamento.

O Pazo do Hórreo ten todas as dotacións necesarias para que os deputados e poidan desenvolver o seu traballo: salón de plenos, salas de comisións, de prensa e outras dependencias de uso polivalente, tanto para as reunións de carácter interno como para a actividade pública e encontros con colectivos. Así mesmo, un completo equipamento tecnolóxico permite ofrecer en directo, a través da web, as sesións do Pleno e das comisións.

O salón de plenos é o lugar habitual onde teñen lugar as sesións do Pleno do Parlamento de Galicia, e os deputados ocupan os asentos arranxados en forma de hemiciclo ante a Mesa presidencial. O presidente da Xunta de Galicia e o seu Goberno ocupan a primeira ringleira de escanos, e o resto de deputados, agrupados en grupos parlamentarios, ocupan os restantes, previamente asignados pola Mesa do Parlamento.

O Parlamento alberga tamén unha variada e valiosa colección de arte galega contemporánea, pintura e escultura fundamentalmente, e conta cunha nutrida biblioteca. Desde 1997 a biblioteca do Parlamento acolle o arquivo bibliográfico e persoal de Ricardo Carvalho Calero, unha colección formada por 4.872 volumes de monografías e coleccións de 197 títulos de revistas, documentos persoais e docentes, correspondencia, expedientes e recortes de prensa, obra propia e allea, así como material gráfico (láminas, mapas, planos e carteis).O pazo do Hórreo na páxina web do Parlamento de Galicia.

Composición do Parlamento na XII lexislatura Resultado electoral

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, celebradas o domingo 18 de febreiro, o Partido Popular de Galicia gañou as eleccións, quedando o Bloque Nacionalista Galego en segundo lugar e o Partido dos Socialistas de Galicia terceiro, co mellor e o peor resultado da historia de ambos partidos, respectivamente. Deste modo, os resultados nas eleccións foron os seguintes:

alt=|150x150pxEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Partido Candidato Votos Deputadosalt=|25pxPartido Popular de Galicia Alfonso Rueda 700.491 47,36% 40 221x21pxBloque Nacionalista Galego Ana Pontón 467.074 31,57% 25 6alt=|22pxPartido dos Socialistas de Galicia Xosé Ramón Gómez Besteiro 207.691 14,04% 9 5alt=|22pxDemocracia Ourensana Armando Ojea Bouzo 15.312 1,03% 1 1Fonte: Xunta de Galicia

Órganos do Parlamento A Mesa +90x90pxMesa do Parlamento de Galicia (XII lexislatura)Composición actual . Parlamentodegalicia.gal. Consultado o 27 de outubro de 2016. CargoTitularPartidoPresidenteMiguel Ángel Santalices Vieira23x23px PPdeGVicepresidenta primeiraMaría Elena Candia López23x23px PPdeGVicepresidenta segundaMaría Montserrat Prado Cores20x20px BNGSecretariaJulio García Comesaña23x23px PPdeGVicesecretariaPatricia Iglesias Reyesalt=|20x20px PSdeG-PSOE

Grupos parlamentarios O Parlamento de Galicia está formado por 75 deputados. Destes, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense. Tralas eleccións do 18 de febreiro de 2024 o resultado para a súa configuración durante a XII lexislatura foi: +185x185pxGrupos Parlamentarios (XII lexislatura)Grupo parlamentarioPartidosPortavozEscanosPopular de Galicia26x26px Partido Popular de GaliciaAlberto Pazos Couñago40Bloque Nacionalista Galego23x23px Bloque Nacionalista GalegoAna Belén Pontón Mondelo25Socialistas de Galicia23x23px Partido dos Socialistas de GaliciaXosé Ramón Gómez Besteiro9

A Xunta de Portavoces 100pxXunta de Portavoces do Parlamento de Galicia (XII lexislatura)CargoTitularListaPresidenteMiguel Ángel Santalices Vieira23x23px PPdeGVicepresidenta primeiraMaría Elena Candia López23x23px PPdeGVicepresidenta segundaMaría Montserrat Prado Cores20x20px BNGSecretariaJulio García Comesaña23x23px PPdeGVicesecretariaPatricia Iglesias Reyesalt=|20x20px PSdeG-PSOEPortavoces titularesPortavoz do GP Popular de GaliciaJose Alberto Pazos Couñago23x23px PPdeGPortavoz do GP do Bloque Nacionalista GalegoAna Belén Pontón Mondelo20x20px BNGPortavoz do GP dos Socialistas de GaliciaXosé Ramón Gómez Besteiroalt=|20x20px PSdeG-PSOEFonte: Parlamento de Galicia

Comisións 90px|center Comisións do Parlamento de Galicia Comisión PresidenciaGrupoComisións permanentes lexislativasInstitucional, de Administración Xeral, Xustiza e InteriorJulio García ComesañaPPdeGOrdenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e ServizosCarmen María Pomar TojoPPdeGEconomía, Facenda e PresupostosNoa Presas Bergantiños BNGEducación e CulturaRubén Lorenzo GómezPPdeGSanidade, Política Social e EmpregoNoelia Pérez LópezPPdeGIndustria, Enerxía, Comercio e TurismoCristina Sanz AriasPPdeGAgricultura, Alimentación, Gandaría e MontesMaría Encarnación Amigo DíazPPdeGPesca e MariscosPatricia García GonzálezPPdeGComisións permanentes non lexislativas RegulamentoMiguel Ángel Santalices VieiraPPdeGPeticións Miguel Ángel Santalices VieiraPPdeGEstatuto dos Deputados José Alberto Pazos CouñagoPPdeGControl da Corporación Radio e Televisión de GaliciaRaquel Arias RodríguezPPdeGRelacións co Consello de ContasBorja Verea FraizPPdeG

Senadores designados polo Parlamento de Galicia Unha das funcións que desempeña o Parlamento de Galicia é a designación dos senadores que deben representar a Galicia, conforme ao previsto na Constitución e na forma que determine a Lei de Designación de Senadores en representación de Galicia.

A designación dos senadores galegos produciuse o día 19 de novembro de 2021 no Parlamento de Galicia. Así, elixíronse a dous representantes do Partido Popular de Galicia e a un do Partido dos Socialistas de Galicia. Polo tanto, a lista de senadores designados polo Parlamento de Galicia quedou da seguinte forma: +ActuaisPartidoSenadores actuais Data de comezo PPdeGJosé Manuel Rey Varela29 de xullo de 2023PPdeGJosé Manuel Baltar Blanco29 de xullo de 2023BNGMaria Carmen Da Silva Méndez29 de xullo de 2023 Entre 2021-Actualidade Partido Senadores Data comezo Data finPPdeG Elena Muñoz Fonteriz 20 de novembro de 2019 18 de maio de 2022 Alberto Núñez Feijóo 25 de maio de 2022 29 de maio de 2023 José Manuel Rey Varela 29 de xullo de 2023 Jesús Vázquez Abad 20 de novembro de 2019 20 de setembro de 2021 Juan Carlos Serrano Gómez 27 de outubro de 2021 18 de maio de 2022Miguel Ángel Tellado Filgueira25 de maio de 202228 de xullo de 2023José Manuel Baltar Blanco29 de xullo de 2023PSdeG-PSOE Xoaquín María Fernández Leiceaga 20 de novembro de 201929 de maio de 2023 BNGMaría Carmen Da Silva Méndez 29 de xullo de 2023

Presidencia do Parlamento de Galicia

miniatura|dereita|220px|Miguel Ángel Santalices, actual presidente do Parlamento de Galicia. O presidente do Parlamento ostenta a representación da Cámara, asegura a boa marcha dos traballos, dirixe os debates, mantén a orde dos mesmos e ordena os pagos, sen prexuízo das delegacións que poida conferir.Reglamento del Parlamento de Galicia . {| class="wikitable" |+centro|senmarco|100pxPresidentes do Parlamento de Galicia !Lexislatura ! colspan="2" |Presidente/a !Partido ! Comezo de mandato ! Fin de mandato |- |I lexislatura |rowspan=2 bgcolor="#197E36" | |rowspan=2|Antonio Rosón Pérez ||rowspan=2|20px UCD||12 de decembro de 1981 ||17 de decembro de 1985 |- |rowspan=2|II lexislatura |17 de decembro de 1985||13 de maio de 1986 |- |bgcolor="#3282A8" | |Tomás Pérez Vidal||20px CP||13 de maio de 1986||16 de xaneiro de 1990 |- |III lexislatura |rowspan=4 bgcolor="#1D84CE" | |rowspan=2|Victorino Núñez Rodríguez||rowspan=4|30px PPdeG||16 de xaneiro de 1990 ||16 de novembro de 1993 |- |IV lexislatura |16 de novembro de 1993 ||18 de novembro de 1997 |- |V lexislatura |rowspan=2|José María García Leira||18 de novembro de 1997||20 de novembro de 2001 |- |VI lexislatura |20 de novembro de 2001||18 de xullo de 2005 |- |VII lexislatura |bgcolor="#FF0000" | |María Dolores Villarino Santiago||20px PSdeG||18 de xullo de 2005 ||1 de abril de 2009 |- |VIII lexislatura |rowspan=2 bgcolor="#1D84CE" | |rowspan=2|Pilar Milagros Rojo Noguera|| rowspan="6" |23x23px PPdeG||1 de abril de 2009||16 de novembro de 2012 |-