Jesús María Rodríguez Vázquez, nado en Santiago de Compostela cara a 1857 e finado en Noia o 15 de abril de 1918,Gaceta de Galicia, 16-4-1918, p. 1. foi un médico, xornalista e político galego.

Traxectoria Fillo de Antonio Rodríguez Gómez e Carmen Vázquez Vázquez. Médico asentado en Noia. Foi fundador e director de El Zumbido. Foi alcalde de Noia de 1895 a 1897, cesando en xuño dese ano.El Diario de Galicia, 6-7-1897, p. 3. Foi presidente do Casino de Noia de 1912 a 1913.

Vida persoal Casou en 1886 con Manuela Cadarso Ronquete, irmá de Alejandro Cadarso Ronquete e sobriña do capitán noiés Luis Cadarso Rey, e foi pai de Alejandro, Jesús Juan, José, Emilia, Antonio e Manuel Rodríguez Cadarso.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas La familia Rodríguez Cadarso

Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Noia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Finados en 1918 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados no século XIX