Guatemala participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1952, mais non participou nas seguintes tres edición dos Xogos. Guatemala enviou deportistas en cada edición dos Xogos de Verán dende o ano 1968. O país participou unha soa vez nos Xogos Olímpicos de Inverno, en 1988.

Guatemala gañou a súa primeira medalla olímpica durante os Xogos Olímpicos de 2012 de Londres, onde Erick Barrondo conseguiu a medalla de prata na proba de 20 km marcha masculina. Este feito converteu temporalmente a Guatemala nun dos poucos países do mundo con máis Premios Nobel ca medallistas olímpicos.

O Comité Olímpico Nacional de Guatemala foi creado en 1947 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional ese mesmo ano.

Táboas coas medallas Medallas nos Xogos de Verán XogosAtletasOuroPrataBronceTotalPosto Helsinqui 1952 21 0 0 0 0 – Melbourne 1956 non participou Roma 1960 non participou Toquio 1964 non participou Cidade de México 1968 48 0 0 0 0 – Múnic 1972 8 0 0 0 0 – Montreal 1976 29 0 0 0 0 – Moscova 1980 non participou Os Ánxeles 1984 24 0 0 0 0 – Seúl 1988 30 0 0 0 0 – Barcelona 1992 14 0 0 0 0 – Atlanta 1996 26 0 0 0 0 – Sydney 2000 15 0 0 0 0 – Atenas 2004 18 0 0 0 0 – Pequín 2008 12 0 0 0 0 – Londres 2012 19 0 1 0 1 69 Río de Xaneiro 2016 21 0 0 0 0 – Toquio 2020 24 0 0 0 0 – París 2024 16 1 0 1 2 60 Os Ánxeles 2028 Evento futuro Brisbane 2032 Total 1 1 1 3 110

Medallas nos Xogos de Inverno XogosAtletasOuroPrataBronceTotalPosto Calgary 1988 6 0 0 0 0 – Total 0 0 0 0 –

Medallas por deporte Xogos de Verán DeporteOuroPrataBronceTotal 20px Tiro 1 0 1 2 20px Atletismo 0 1 0 1 Total 1 1 1 3

Lista de medallistas Medalla Nome Xogos Deporte Evento Prata Erick Barrondo Londres 2012 25px Atletismo 20 km marcha masculina Bronce Jean Pierre Brol París 2024 25px Tiro Trap masculino Ouro Adriana Ruano París 2024 25px Tiro Trap feminino

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Guatemala nos Xogos Olímpicos