A Cruz é un lugar da parroquia de Malvas, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 75 habitantes (33 homes e 42 mulleres), un descenso de 6 habitantes respecto ao ano 1999.
Patrimonio Neste lugar está o centro tradicional da parroquia, que inclúe os seguintes elementos patrimoniais:
Igrexa de Santiago de Malvas: pequeno templo de planta basilical construído no século XVIII. Foi reconstruída a finais en 1790 e 1925. Cruceiro de Santiago de Malvas. Escola pública e antigo local do Sindicato AgrarioMartínez Sigüenza, X. (2010). As parroquias de Tui –síntese histórica–. Revista de Estudios Provinciais Nº 19, Deputación de Pontevedra..
Lugares e parroquias
Lugares de Malvas
Parroquias de Tui
Notas
Categoría:Lugares de Tui