O Comité Olímpico Ruso (en ; Olympiyskiy Komitet Rossii, OKR) é o Comité Olímpico Nacional que representa a Rusia. É responsábel da participación de Rusia nos Xogos Olímpicos.Páxina oficial do OKR Naceu en 1911, como comité do Imperio Ruso e tralo éxito da Revolución de Outubro foi substituído polo Comité Olímpico Soviético (en ruso: Национальный Олимпийский комитет Союза Советских Социалистических Республик – НОК СССР) até 1991. En 1993, restabeleceuse o Comité Olímpico Ruso.«Rusia». Páx. do COI .
O seu actual presidente é Alexánder Júkov.
O país tamén conta cun comité paralímpico.paralymp.ru
Xogos Olímpicos de 2020 O 19 de febreiro de 2021, anunciouse que Rusia competiría en Toquio co acrónimo "ROC", as siglas en inglés do Comité Olímpico Ruso, aínda que o nome completo do propio comité non puido usarse para referirse á delegación. En atletismo, a Asociación Internacional de Federacións de Atletismo non permitiu máis de 10 Atletas Neutrais Autorizados (ANA). Rusia esivo representada pola bandeira do Comité Olímpico Ruso.
O 22 de abril de 2021, o COI aprobou a substitución do himno ruso, despois de que unha elección anterior da canción popular rusa "Katyusha" fose rexeitada pola súa deriva belicista. Utilizouse un fragmento do Concerto para piano nº 1 de Petr Ilich Chaikovskii.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Rusia nos Xogos Olímpicos Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Rusia nos Xogos Olímpicos Rusia