Adrián Castro Mesa, nado en Cambre o 12 de outubro de 1998, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de dianteiro centro e o seu equipo actual é o Boiro, da Terceira Federación.
Traxectoria Formouse no Ural CF e nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña dende alevíns. Entre 2017 e 2019 xogou cedido no Laracha CF, equipo vinculado ao club coruñés. Na tempada 2018-19 tamén xogou 7 partidos co filial, o Deportivo Fabril.
En agosto de 2019 chegou cedido ao Ourense CF. No equipo ourensán anotou 11 goles nos 27 partidos da fase regular disputados antes da suspensión da competición pola pandemia de coronavirus. Tamén marcou un gol na final da promoción de ascenso a Segunda B perdida contra a SD Compostela.
En xullo de 2020 volveu ao Deportivo Fabril. O canteirán alternou convocatorias co filial e co primeiro equipo e o 10 de xaneiro de 2021 produciuse o seu debut co Deportivo da Coruña en Segunda B, na derrota contra o Zamora CF (1-0) no Estadio Ruta de la Plata. En marzo o club renovou o seu contrato ata xuño de 2023. Disputou un total de sete partidos co primeiro equipo e marcou un tanto na goleada por 5-0 sobre o Langreo en Riazor.
En xullo de 2021 marchou cedido por unha temporada ao CD Arenteiro, da Segunda División RFEF. Disputou 17 encontros co club do Carballiño, incluído o histórico partido de Copa do Rei contra o Valencia en Espiñedo.
En xaneiro de 2022 desvinculouse do Arenteiro e do Deportivo da Coruña, e fichou polo Formentera, equipo da Segunda RFEF adestrado polo tamén galego Míchel Alonso, co que disputou 14 partidos, marcando 2 goles. En xuño deixou o club balear e fichou polo Palencia Cristo Atlético, da mesma categoría. Alí atopou a regularidade, disputando un total de 34 partidos, todos como titular, e anotando 5 goles. Con todo, non puido evitar o descenso á Terceira RFEF.
En xullo de 2023 marchou á Alta Austria para fichar polo SPG Wels, equipo da Regionalliga, terceira categoría do fútbol austríaco. Na súa segunda tempada en Wels, anotou oito goles, contribuíndo a que o equipo se proclamase campión da súa zona e ascendese á 2. Liga. Disputou un total de 53 encontros co club, marcando 13 goles.
En decembro de 2025 anunciouse o seu regreso ao fútbol galego, como nova fichaxe do Boiro, da Terceira Federación.
Selección galega de afeccionados En marzo de 2020 proclamouse coa selección galega de afeccionados campión da fase estatal da Copa das Rexións da UEFA en Las Rozas, vencendo na final a Andalucía e sendo o máximo anotador do equipo galego.
Equipos TempadaEquipoCategoríaPXGTATV2017-2018 Laracha CF3ª396302018-2019 Laracha CF3ª24840 Deportivo Fabril2ªB70002019-2020 Ourense CF3ª2711612020-2021 Deportivo Fabril3ª 17 9 6 02020-2021 Deportivo da Coruña2ªB 7 1 1 02021-2022 CD Arenteiro2ª RFEF 17 2 4 0 PX: Partidos xogados. G: Goles marcados. TA: Tarxetas amarelas. TV: Tarxetas vermellas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en lapreferente.com
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Cambre Categoría:Futbolistas de Cambre Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Laracha CF Categoría:Xogadores do Ourense CF Categoría:Xogadores do CD Arenteiro Categoría:Xogadores da SD Formentera Categoría:Xogadores do CD Boiro Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes