A Subida á Estrada é unha carreira automobilística de montaña que se disputa na Estrada e que puntúa para o Campionato de Galicia de Montaña. Celebrada de xeito intermitente dende 1971 é a segunda subida galega con máis edicións disputadas, só por detrás da Subida a Chantada.
Historia A proba nace en 1971, cando se celebra a primeira edición durante as festas de San Paio, organizada pola Escudería Pontevedra a petición de Alejandro Durán, quen se ocuparía da organización das seguintes edicións como presidente da Escudería Estradense. O Porsche 911 R de Humberto Rodríguez foi o vencedor nas dúas primeiras edicións, disputándose a proba de xeito ininterrompido ata 1977, anos nos que destaca a vitoria en 1975 de Beny Fernández a bordo do Alpinche de Estanislao Reverter, só unha semana despois de debutar con el no Rally de Ourense. En 1975 entrou a formar parte do novo Campionato Galego de Automobilismo.
Tras uns anos sen celebrarse, volveu en 1982, xa como parte do Campionato de Galicia de Montaña, e coa segunda vitoria de Alberto González "Camba". Nos seguintes anos sufriu varias interrupcións ata que logrou ter regularidade a partir de 2008, ano no que Cristóbal Serantes conseguiu a primeira das súas catro vitorias consecutivas. Tras a vitoria de Jacobo Sobral en 2014 a proba non se levou a cabo durante os dous anos seguintes, ata que en 2017 volveu ao calendario cunha nova vitoria de Sobral. Alexis Viéitez gañou nas edicións de 2018 e 2019, mentres que a de 2020 foi suspendida pola pandemia por coronavirus.
Enumeración Hai un problema coa numeración das diferentes edicións. O problema produciuse por mor das diferentes edicións en que non se celebrou o que provocou que fosen saltando as edicións ata que en 2014 se regularizou. Así, despois de 1989 (XII edición), non houbo máis edicións ata 1994 que pasou a ser, erroneamente, a XIV edición. De novo, non se celebrou durante nove anos, e no 2003, se celebrou a XII edición. E tras outro parón, en 2008, se presentou como a XIII edición, e xa, con edicións correlativas ata que en 2014, se pediu permiso á Federación para ordenar o número real de edicións, polo que se saltou ata a XXI, cando no 2013 se celebrara a XVIII. Unha vez conseguido o permiso, continúa a ordenación real.
Palmarés AnoEdiciónVencedorVehículo1971I Subida á Estrada Humberto RodríguezPorsche 911 R1972II Subida á Estrada Humberto RodríguezPorsche 911 R1973III Subida á Estrada Eusebio BonjochFiat Abarth 20001974IV Subida á Estrada Luis QuinzánAlpine A110 16001975V Subida á Estrada Beny FernándezAlpinche1976VI Subida á Estrada Luis QuinzánFórmula Martini MK-12 F18001977VII Subida á Estrada CambaSelex ST-4/F 1800Non se celebrou1982IX Subida á Estrada CambaSelex ST-4 20001983X Subida á Estrada Víctor AbrahamSelex ST-4 20001984XI Subida á Estrada Francisco EgozkueLola BMWNon se celebrou1989XII Subida á Estrada Víctor AbrahamOsella BMWNon se celebrou1994XIV Subida á Estrada Víctor AbrahamMartini MK-34 AlfaNon se celebrou2003XII Subida á Estrada BamartiMitsubishi Lancer Evo VINon se celebrou2008XIII Subida á Estrada Cristóbal SerantesFórmula Outeda2009XIV Subida á Estrada Cristóbal SerantesFórmula Ralt RT-342010XV Subida á Estrada Cristóbal SerantesFórmula Ralt RT-342011XVI Subida á Estrada Cristóbal SerantesFórmula Ralt RT-342012XVII Subida á Estrada Toño VarelaOsella PA20-S2013XVIII Subida á Estrada Sergio VarelaSilver Car S22014XXI Subida á Estrada Jacobo SobralSilver Car S2Non se celebrou2017XXII Subida á Estrada Jacobo SobralSilver Car S22018XXIII Subida á Estrada Alexis ViéitezFórmula Outeda Mk2019XXIV Subida á Estrada Alexis ViéitezFórmula Dicode BFR2021XXV Subida á Estrada Adrián RozadosCM Silver Car EF102022XXVI Subida á Estrada Jacobo SenínNova Proto NP01 EMAP2023XXVII Subida á Estrada Jacobo SenínNova Proto NP01 EMAP2024XXVIII Subida á Estrada Jacobo SenínNova Proto NP01 EMAP2025XXIX Subida á Estrada Jacobo SenínNova Proto NP01 EMAP2026XXX Subida á Estrada Jacobo SenínNova Proto NP01 EMAP
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da Federación Galega de Automobilismo
Estrada Categoría:Deporte na Estrada