A Casa da Moeda de Austria (en alemán: Münze Österreich) é unha empresa pública austríaca radicada en Viena, encargada da cuñaxe das moedas de Austria."The Company ". Münze Österreich.

É herdeira da antiga Casa da Moeda de Viena e, desde 1989, está constituída como unha sociedade anónima (Aktiengesellschaft), subsidiaria do Banco Nacional de Austria (Oesterreichische Nationalbank), con sede tamén en Viena.

O presidente da compañía é Gerhard Starsich e o seu director é Manfred Matzinger-Leopold."Executive Board ". Münze Österreich.

Historia miniatura|230x230px|esquerda|Gravado de ca. 1838 co edificio da Casa da Moeda de Austria acabado de construír. esquerda|230x230px|miniatura|Moedas do euro da Casa da Moeda de Austria para a súa posta en circulación en 2002. En 1194, Ricardo I de Inglaterra pagoulle ao duque Leopoldo V de Austria 12 toneladas de prata para asegurar a súa liberdade. Leopoldo decidiu cuñar moeda con aquel metal, o que supuña o nacemento de facto dunha ceca na cidade de Viena (aínda que a denominación de "Casa da Moeda de Viena" non se documenta nos seguintes 200 anos)."Our History ". Münze Österreich.

A ceca localizábase orixinariamente preto da praza Hoher Markt, en Viena. Os problemas de espazo motivaron que as instalacións se trasladasen en 1371 a Wollzeile, no centro da cidade, onde permaneceron durante catro séculos. En 1752 sufriron un novo traslado, ao palacio de inverno do príncipe Uxío de Savoia na rúa Himmelpfortgasse. En 1835 comezou a construírse o luxoso edifico da rúa Heumarkt, no centro da cidade, que alberga a casa de moeda vienesa ata a actualidade.

Ao longo dos séculos houbo diversos obradoiros monetarios esparexidos por todo o territorio austríaco, en cidades como Graz, Salzburgo ou Innsbruck, aínda que o de Viena tivo xa o rango de "ceca principal" a partir de 1715. Logo da constitución da República de Austria en 1918, a Casa da Moeda de Viena converteuse na única operativa e nela centralizouse a produción de moeda do Estado. miniatura|218x218px|Lingote de ouro puro da Münze Österreich. En 1989 produciuse o cambio de denominación da compañía ao actual de Münze Österreich ("Casa da Moeda de Austria), e pasou a ser un organismo dependente do Banco Nacional de Austria.

En 1991, a Casa da Moeda de Austria foi merecedora do premio Glenn Smedley Memorial, da American Numismatic Association."Glenn Smedley Memorial Award ". American Numismatic Association.

Produtos A ceca austríaca realiza todo o proceso de produción da moeda, desde o seu deseño á súa cuñaxe."Our designers ". Münze Österreich.

Ata 2002 producía moeda do sistema do xilin austríaco e a partir desa data comezou a cuñar as moedas do sistema do euro correspondentes a Austria.

Ademais das moedas circulantes, tamén produce emisións conmemorativas, con series tan coñecidas como a "Filharmónica de Viena" ou o "Tálero de María Tareixa", ademais de lingotes e moedas de investimento en metais preciosos."The Vienna Philarmonic. A success Story". Münze Österreich."Empress Maria Theresa. A Monarch and Matriarch ". Münze Österreich."Gold Storage ". Münze Österreich.

A Münze Österreich tamén proporciona moeda circulante e discos sen cuñar para outros países.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Casa de moeda Cuñaxe Moedas de euro de Austria Tálero de María Tareixa Alfred Zierler

Ligazóns externas Sitio web da Casa da Moeda de Austria

Categoría:Casas de moeda Categoría:Moedas de Austria Categoría:Empresas de Austria Categoría:Historia de Austria