A Casa da Moeda de Hong Kong (en inglés: Hong Kong Mint; en chinés: 香港造幣廠) foi unha empresa encargada da cuñaxe de moeda situada no territorio británico de Hong Kong, activa entre 1866 e 1868.MacKeown, P. K. (2007) ."Hong Kong Mint (1866 - 1868)". Online Coin Club.
Historia Na primeira etapa do Hong Kong colonial, logo da súa fundación en 1842, estaban en circulación varias moedas de procedencias moi diversas. Aínda que a libra esterlina era a unidade monetaria oficial, non era moi ben aceptada nin polos comerciantes locais nin pola poboación da colonia, especialmente pola de procedencia chinesa. Ese era o motivo do mantemento en circulación da moeda estranxeira, sinaladamente os reais de oito españois e mexicanos, e moeda chinesa de prata.Farmer, H. (2019). "The Hong Kong Mint, 1866-1868". En The Industrial History of Hong Kong Group. 23 de xaneiro.
Coa extensión dos intereses comerciais británicos nesa zona de Oriente, fíxose necesaria a emisión dunha nova moeda especial, un dólar de comercio, que eliminase a sobredependencia que tiñan os territorios británicos das moedas estranxeiras. Nun primeiro momento, en 1863, a Royal Mint de Londres foi autorizada para emitir unha serie de moedas especiais para o seu uso en Hong Kong, dentro do sistema do dólar."Hong Kong Currency". Hong Kong Museum of History.
miniatura|320x320px|Dólar de comercio de 1867, da Casa da Moeda de Hong Kong."1 dollar . Victoria". Numista.
Nesta conxuntura, o daquela gobernador de Hong Kong, Hercules Robinson, promoveu unha orde en nome do Consello da colonia para solicitar a Londres a creación dunha casa de moeda independente da Royal Mint.
O 26 de febreiro de 1864 abrobouse a creación da nova ceca, co nome de Casa da Moeda de Hong Kong (Hong Kong Mint), que se inaugurou o 7 de maio de 1866, baixo a dirección do mestre de ceca Thomas William KinderFarmer, H. (2019). "Thomas William Kinder – Master of the Hong Kong Mint, 1817-1884". En The Industrial History of Hong Kong Group. 23 de xaneiro., co propósito de cuñar moedas dun dólar e as súas fraccións, de características similares aos pesos hispanoamericanos que estaban en circulación.Heaver, S. (2018). "How China and Hong Kong’s currencies were shaped by Spanish, Mexican silver dollars". En South China Morning Post. 7 de febreiro. A nova ceca estaba situada na Sugar Street (actual Cleveland Street), en Causeway Bay."Mint - Causeway Bay [1866-1868]". Gwulo: Old Hong Kong. Para subministrtar enerxía para o seu funcionamento construíuse ademais unha presa na ladeira do monte Butler.
Porén, a Casa da Moeda de Hong Kong cesou axiña a súa actividade, o 25 de abril de 1868, durante o goberno de Richard MacDonnell. As razóns para o cesamento foron a mala recepción das moedas cuñadas nesa ceca, así como a súa constante desvalorización, que lles ocasionaba perdas aos cidadáns que as utilizaban.
Logo do pechamento definitivo da efémera ceca, o edificio vendéuselle á empresa Jardine Matheson & Co. Ltd. en 1868, e a maquinaria e o instrumental foron adquiridos pola Casa da Moeda do Xapón en Osaca, que se establecera recentemente e cuxas emisións comezaron en 1870.Ingham, M. (2007). Páxina 70.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Casa de moeda Cuñaxe Dólar de comercio Dólar de Hong Kong
Bibliografía
Cowel, C. (2009). "A Further Note on The Hong Kong Mint". En Journal of the Royal Asiatic Society Hong Kong Branch. Vol. 49. Páxinas 274-276. Ingham, M. (2007). Hong Kong: A Cultural History. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-972447-5 MacKeown, P. K. (2007). "The Hong Kong Mint, 1864 - 1868: The History Of An Early Engineering Experiment ". En Journal of the Royal Asiatic Society Hong Kong Branch. Vol. 47. Páxinas 41-79.
Ligazóns externas
Sitio web da Hong Kong Monetary Authority
Categoría:Casas de moeda Categoría:Moedas de Hong Kong Categoría:Historia de Hong Kong Categoría:Economía de Hong Kong