Taking Lives é un filme estadounidense de 2004 dirixido por D. J. Caruso e protagonizado por Angelina Jolie e Ethan Hawke. Os papeis secundarios están interpretados por Kiefer Sutherland, Olivier Martinez, Tchéky Karyo, Jean-Hugues Anglade e Gena Rowlands. É unha adaptación da novela homónima escrita por Michael Pye, e conta a historia dun asasino en serie que adopta as identidades das súas vítimas.
O filme foi rodado en Montréal e na cidade de Quebec, no Quebec. A banda sonora orixinal foi composta por Philip Glass e o tema principal foi composto por Walter Werzowa, membro do grupo electónico Edelweiss.
Estreouse nos Estados Unidos o 19 de marzo de 2004 a través de Warner Bros. Pictures, e polo xeral recibiu críticas mixtas de tendencia negativa.
Personaxes Angelina Jolie como Illeana Scott Ethan Hawke como Martin Asher/James Costa Paul Dano como Martin Asher de rapaz Kiefer Sutherland como Christopher Hart Gena Rowlands as Mrs. Rebecca Asher Olivier Martinez como Detective Joseph Paquette Tchéky Karyo como Inspector xefe Hugo Leclair Jean-Hugues Anglade como Detective Emil Duval Justin Chatwin como Matt Soulsby André Lacoste como caixeiro Billy Two Rivers como vendedor de coches Richard Lemire como policía do Quebec Julien Poulin como inspector do Quebec Marie-Josée Croze como médico Emmanuel Bilodeau como doutor Christian Tessier como Oficial de interrogación
Recadación Taking Lives recadou 32 682 342 dólares nos Estados Unidos, sumando un total de 65 470 529 dólares coa recadación internacional.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por D. J. Caruso Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes rodados no Canadá Categoría:Filmes ambientados en 1983 Categoría:Filmes ambientados en 2003 Categoría:Filmes ambientados en Montreal