Denís Fernández Cabrera, coñecido como Diniz Cabreira ou Diniz F. Cabreira, nado en Vigo o 3 de agosto de 1982, é un deseñador, editor, tradutor e artista marcial galego.

Traxectoria Estudou Física e Informática na Universidade de Santiago de Compostela, mais abandonou os estudos para se dedicar profesionalmente ao deseño gráfico, inicialmente como freelance e dende 2010 na Sacauntos Cooperativa Gráfica e Urco Editora.

Desde o departamento de deseño da Sacauntos criou o cabezallo do xornal Sermos Galiza, a imaxe corporativa de Sermos Galiza S.A. e, durante varios anos, diversos grafismos para esta, como as ilustracións do quinto aniversario ou a liña de monográficos. Traballou tamén para o Cuarteto Quiroga, redeseñou o logotipo da Associaçom Galega da Língua e capa da Revista Murguía, entre outros proxectos.

Artes marciais históricas Iniciouse nas artes marciais orientais (Judo e Aikido), mais en 2008 virou para as artes marciais históricas europeas. Foi un dos fundadores da Sala Compostelá de Esgrima Antiga, despois renomeada Gallaecia in Armis. Fundou a súa propia escola Arte do Combate en 2017, centrada no estudo da Kunst des Fechtens do século XV.

Forma parte do comité da AGEA Editora, onde co-editou, traduciu ou ilustrou varios títulos sobre artes marciais ibéricas do barroco, así como varios artigos sobre o tema.

En 2018 publicou Há uma única arte da espada, estudo e tradución en galego-portugués do manuscrito GNM HS 3227a de 1389.

Colabora internacionalmente con outras organizacións dedicadas ao estudo das artes marciais, especialmente no ámbito lusófono.

Impartiu aulas da Kunst des Fechtens para a federación galega AGEA, para a portuguesa HEMA-PT e para organizacións brasileiras.

Vida persoal É fillo do escritor e xornalista Víctor Freixanes e de María Dolores Cabrera Iglesias.

Notas

Categoría:Nados en Vigo

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Personalidades das artes marciais