O Comité Olímpico de Guinea Ecuatorial é a institución encargada de rexer a participación de Guinea Ecuatorial nos Xogos Olímpicos e as distintas competicións dentro e fóra do continente africano. É membro da Asociación de Comités Olímpicos Nacionais de África.

O Comité foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional o 1 de xaneiro de 1984. O mesmo ano tivo lugar a primeira aparición de Guinea Ecuatorial nuns Xogos Olímpicos, durante os Xogos Olímpicos dos Ánxeles de 1984.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Guinea Ecuatorial nos Xogos Olímpicos

Guinea Ecuatorial Categoría:Deporte en Guinea Ecuatorial