Antoni Asunción Hernández, nado o 12 de xullo de 1951 en Manises e finado na mesma cidade o 5 de marzo de 2016Muere el exministro del Interior socialista Antonio Asunción a los 64 años, nova en El Diario o 5 de marzo de 2016. , foi un político valenciano.
Traxectoria Enxeñeiro industrial e militante do PSOE, foi elixido alcalde de Manises, a súa vila natal, nas primeiras eleccións municipais da democracia, en 1979. Posteriormente repetiu a vitoria nos comicios de 1983, pero ao ser designado días despois presidente da Deputación de Valencia abandonou a alcaldía. Continuou no cargo de presidente da Deputación ata 1988, logo de revalidar o posto despois das eleccións municipais de 1987. Nese ano é nomeado director de Institucións Penintenciarias por José Luis Corcuera, e permaneceu nese posto precisamente até que substitúe a este á fronte do Ministerio do Interior, en 1993. Como director de Institucións Penitenciarias acometeu a dispersión dos presos de ETA e tivo que facer fronte a unha folga de fame dos presos do GRAPO. Recibiu fortes críticas dende diferentes asociacións de presos (como APRE ou antigos membros da COPEL ) debido ao silencio administrativo fronte as denuncias contra os malos tratos, torturas e illamentos que se levaron a cabo nos penais españois durante a súa dirección, así como a dispersión de presos non asociados o agrupacións terroristas.
Nos comicios xerais dese ano, 1993, foi elixido deputado. Só uns meses máis tarde, e durante un período de crise dos gobernos socialistas presididos por Felipe González, dimite do seu cargo de Ministro do Interior, logo da fuga de Luis Roldán, quen daquela era antigo director da Garda Civil. Con todo, continuou no seu posto como deputado ata 1996.
Despois de abandonar a política a nivel estatal regresou no nivel autonómico. En 1998 preséntase como candidato ás primarias do seu partido, o PSOE da Comunidade Valenciana, pero foi derrotado por moi estreita marxe por Joan Romero. Mais só uns meses despois Romero dimite, e el pasa a ser o candidato nas eleccións autonómicas de 1999. Nos comicios o PP obtén maioría absoluta, e Asunción pasa a ser o voceiro da oposición. Perde as eleccións internas pola secretaría xeral do seu partido só catro meses despois, e dimite de todos os seus postos no PSOE, co que abandona a vida política e regresa á vida empresarial para impulsar un negocio de acuicultura.
En 2010 quixo tentalo de novo nas primarias socialistas á candidatura á Comunidade Valenciana, pero os órganos da súa formación estiman que parte dos avais que presenta non son válidos e desestima o seu nome. Asunción cuestionou a limpeza do proceso, e foi suspendido da militancia no PSOE. Dous anos máis tarde, en 2013 apoiou publicamente a Ciudadanos.
Notas
Categoría:Políticos da Comunidade Valenciana Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Ministros do Interior de España Categoría:Nados en Manises Categoría:Nados en 1951 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)