Paul Balog (orixinariamente en húngaro: Pál Balog), nado o 15 de agosto de 1900 en Budapest e finado o 6 de novembro de 1982 en Roma, foi un numismático, arqueólogo e médico húngaro nacionalizado italiano, especialista na numismática do mundo islámico.Bates, M. L. (1983).Heidemann, S.; Gitler, H. (2011).
Traxectoria Pau Balog naceu nunha familia acomodada de Budapest, fillo de Soma Balog e da súa muller, Iren Mittelmann, e na súa infancia sufriu os rigores da primeira guerra mundial e da devastación da posguerra no seu país.Heidemann, S.; Gitler, H. (2011). Páxina 13.
Neste contexto, Balog estudou a carreira de Medicina en Budapest e na Universidade de Pécs, da que se graduou en 1926 coa especialidade en dermatoloxía. Ese mesmo ano casou coa croata Ilona Plichper, tamén dermatóloga, e xuntos viaxaron a Exipto e establecéronse no Cairo, onde el foi nomeado director do laboratorio do Hospital Italiano Umberto I, posto que ocupou ata a súa xubilación en 1961.
No campo da medicina colaborou a partir de 1935 coa Universidade de Pécs e foi un prolífico autor de artigos de investigación científica.Heidemann, S.; Gitler, H. (2011). Páxina 14.
No Cairo comezou a interesarse pola moeda do mundo islámico, influído polo numismático e enxeñeiro agrícola francés Marcel Jungfleisch, especialista nese ámbito, que levaba establecido alí desde 1902. Cara a finais da década de 1930 comezou a súa colección de moeda islámica, particularmente de Exipto, que chegou a ser moi relevante, e en 1949 publicou os seus primeiros artigos numismáticos, no Bulletin de l’Institut d’Égypte.
Os problemas de saúde fixeron que tivese que retirarse da profesión médica en 1961, o que lle permitiu dedicarse por completo ao estudo da numismática. En recoñecemento da súa dedicación de máis de tres décadas ao Hospital Italiano do Cairo, o Goberno italiano concedeulle a nacionalidade italiana, e Balog e a súa muller decidiron instalarse en Roma a partir de 1964.Heidemann, S.; Gitler, H. (2011). Páxina 15.
Os resultados das súas investigacións sobre a moeda árabe de Exipto, así como a importante colección de pezas que foi reunindo ao longo da súa vida, foron a base do proxecto Sylloge of Islamic Coins in the Israel Museum."The Sylloge Project". En Heidemann, S.; Gitler, H. (2011). Páxinas18-21.
Publicacións Ademais das numerosas contribucións con artigos publicados nas principais revistas de numismática e arqueoloxía da súa época, sinaladamente Revue Belge de Numismatique, Revue Numismatique e Bulletin de l'Institut d'Égypte, o máis salientable dos traballos de Balog condénsase en tres monografías."Balog, Paul 1900-1982 ". Digital Library Numis."Paul Balog (1900-1982)". BnF.
(1964). The coinage of the Mamluk sultans of Egypt and Syria. American Numismatic Society, Nova York. (1976). Umayyad, 'Abbasid and Tulunid glass weights and vessel stamps. American Numismatic Society, Nova York. (1980). The Coinage of the Ayyubids. Special Publications, 12. Royal Numismatic Society, Londres.
Recoñecementos En 1988, conmemorando o sexto aniversario do seu falecemento e no marco da Conferencia Internacional de Numismática Islámica, o Israel Museum de Xerusalén honrou a súa memoria cunha publicación de homenaxe con textos en inglés e en árabe, co título de In memory of Paul Balog."In memory of Paul Balog". WorldCat.
Pola súa banda, a Sociedade Numismática de Israel publicou en 1991 o volume de homenaxe titulado Studies in Memory of Paul Balog."Studies in memory of Paul Balog". WorldCat.
Ademais, Balog foi nomeado en 1957 membro honorario da Comisión Internacional de Numismática, en 1972 membro correspondente da American Numismatic Society, e en 1978 membro honorario da Real Sociedade Asiática.Heidemann, S.; Gitler, H. (2011). Páxina 16.
Premios (1968): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1971): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (1972): Jeton de Vermeil, da Société française de numismatique, de París."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Barag, D. (1989). "Paul Balog: in memoriam". En Israel Numismatic Journal. 10. Páxinas 1-2. Barag, D. (ed.) (1991). Studies in memory of Paul Balog. The Israel Numismatic Siciety, Xerusalén. Bates, M. L. (1983). "Paul Balog, 1900-1982". En ANS Newsletter. Winter. American Numismatic Society. Páxina 2. Bates, M. L. (1983). "Paul Balog, 1900-1982". En Compte rendu. International Numismatic Council. 30. Páxinas 25-27. Heidemann, S.; Gitler, H. (2011). "Paul Balog and the Sylloge Project of the Israel Museum". En Baidoun, I. M. Sylloge of Islamic Coins in the Israel Museum. The Paul Balog Collection. Egypt vol. III The Mamlūks 1248-1517. Università di Trieste. Páxinas 12-21. ISBN 978-88-8587-336-0 Na'ama Brosh et al. (eds.) (1988). In memory of Paul Balog. Israel Museum, Xerusalén. ISBN 9789652781024
Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Nados en Budapest Categoría:Numismáticos de Hungría Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Arqueólogos de Hungría Categoría:Arqueólogos de Italia Categoría:Médicos de Hungría Categoría:Médicos de Italia Categoría:Coleccionistas Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Alumnos da Universidade de Pécs Categoría:Italianos de ascendencia húngara Categoría:Personalidades sen imaxes