Edith Sohlström, nada en Pori (Finlandia) o 23 de xullo de 1870 e finada na mesma cidade o 24 de agosto de 1930 foi unha compositora e escritora que exerceu como mestra de ximnasia.

Traxectoria Edith Sohlström naceu o 23 de xullo de 1870 en Pori, daquela pertencente ao Gran Ducado de Finlandia, era filla de Maria Wilhelmina Lindeqvist e dun conselleiro comercial chamado Gustaf Adolf Sohlström. Tiña un irmán máis vello, Gösta Sohlström (1849–1925), foi director de coro e licenciado en dereito.

Logo de finalizar na universidade a súa licenciatura como profesora de ximnasia de xeito excepcional a principios da década de 1890, e do mesmo xeito que as súas compañeiras, tivo que solicitar unha exención de xénero.

Durante case trinta anos Sohlström traballou como mestra de ximnasia na súa cidade natal, tanto en escolas finesas como suecas, e converteuse nunha figura respectada na cidade, impulsora da música, os deportes e a vida cultural. A súa faceta musical fíxoa moi popular, cantando e acompañándose cunha guitarra tanto nas principais celebracións deportivas como nas noites locais.

En 1893 fundou o primeiro club de ximnasia feminina de Pori, ao que seguirían outros moitos clubs de ximnasia.

Morreu o 24 de agosto de 1934 e está enterrada no cemiterio de Käppärä en Pori.

Obra Edith Sohlström foi practicamente esquecida na historia da música finlandesa, se ben o seu nome permaneceu na lembranza grazas á súa Elegia, a súa composición máis coñecida, cunha sonoridade romántica, na que fala no seu ensoñamento, e da que se fixeron numerosos arranxos.

Produción literaria Edith Sohlström escribiu tamén varios libros en lingua sueca baixo o pseudónimo de Vivian Holme:

Lill-Brita och hennes bröder: några berättelser om en hurtig flicka. Söderström, Helsinqui 1916 Hejan Stjärna. Schildt, Helsinqui 1917 Falkenbergska bolaget. Schildt, Helsinqui 1918 Ur sagovärld och verklighet: Del 1 : Sagor. Schildt, Helsinqui 1919 Ur sagovärld och verklighet: Del 2 : Äventyr i krig och fred. Schildt, Helsinqui 1919 Framtidsdrömmar: flickroman. Schildt, Helsinqui 1921 Trollhedens saga och andra sagor. Schildt, Helsinqui 1921

Notas

Categoría:Compositores de Finlandia Categoría:Escritores de Finlandia Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1930 Categoría:Nados en Pori