Juan Diego Conde Eguileta, nado en Ourense en 1976, é un artista marcial galego.
Traxectoria Comezou a súa carreira nas artes marciais con judo na infancia, para continuar con taekwondo durante 8 anos. Na Universidade de Santiago de Compostela iníciase na esgrima deportiva no club Compostela Esgrima.
En 2007 coñece a existencia das artes marciais históricas europeas, e reúne un grupo de estudo. Co-funda a Asociación Ourensá de Esgrima Antiga en 2008, onde é un dos instrutores principais. Está especializado na tradición da Verdadeira Destreza.
Impartiu varias clases en encontros da AGEA.
Forma parte da AGEA Editora, onde realiza traballos de edición e tradución.
Desde 2016 pertence á Academia da Espada, escola onde continúa a súa formación na Verdadeira Destreza.
Xunto con Santiago Villar Labarta levou a cabo o estudo e catalogación da colección de espadas modernas do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
É un dos presentadores do podcast sobre esgrima histórica Diálogos de Acero.
Notas
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1976 Categoría:Personalidades das artes marciais