Giovanni Gorini, nado en 1941, é un numismático italiano especializado na moeda da Antigüidade e na medalla renacentista.

Traxectoria Gorini estudou Arqueoloxía e Numismática na Universidade de Padua."Gorini, Giovanni". En Coins Weekly. 8 de novembro de 2017.

Logo da súa graduación, ingresou no Museo Bottacin, de Padua, como conservador das coleccións numismáticas, posto que ocupou entre 1965 e 1978. Despois exerceu como profesor adxunto e, desde 1991, como catedrático de Numismática Antiga na Universidade de Padua, posto que ocupou ata a súa xubilación en 2011."Giovanni Gorini". Academia.edu"Numismatica: Incontriamoci con... Giovanni Gorini". En Giornale di Puglia. 6 de agosto de 2020.

Tamén impartiu docencia como profesor visitante en 1994 no seminario de verán da American Numismatic Society de Nova York; en 1997 na Universidade Estatal Hongo de Tokyo; en 1999 na Escola Italiana de Arqueoloxía de Atenas, e en 2001 na Escola de Altos Estudos de París.

O seu campo de interse como investigador numismático é a moeda da Magna Grecia, da zona do Adriático e de Cirene, así como os achados monetarios da Antiga Roma no nordeste de Italia. Tamén é un estudoso das figuras de Giovanni da Cavino, un medallista renacentista e falsificador de moedas romanas, e do médico e numismático francés do século XVII Charles Patin,Gorini, G. (2016). "La lapide di Charles Patin". In Zampieri, G. La cattedrale di Padova. Archeologia, Storia, Arte, Architettura. Roma. Páxinas 557-566 que ensinou na Universidade de PaduaGorini, G. (1987). "New studies on Giovanni da Cavino ". En Pollard, J. Italian Medals. National Gallery of Art, Washington. Páxinas 45-54. ISBN 978-0894681066.

Paralelamente ao seu desempeño profesional, entre 1980 e 1991 foi editor da Rivista Italiana di Numismatica, en Milán.

Entre outras entidades, Giovanni Gorini é membro da Accademia Galileiana, de Padua, e da Academia Pontificia de Arqueoloxía de Roma.

Recoñecementos

(1987): Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática, de París, da que tamén é membro de honra."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN). (2013): Inscrición no Albo d'Onore da Sociedade Numismática Italiana."Albo d'onore ". No sitio web da SNI. (2016): Medalla da Sociedade Numismática Polaca. Membro de honra do Consello internacional de Numismática.

Publicacións Giovanni Gorini é un autor prolífico. A súa produción bibliográfica ten máis de 500 referencias, entre artigos en revistas especializadas e obras de carácter monográfico. Esta é unha escolma das súas monografías máis salientables:"Gorini, Giovanni 1941- ". Digital Library Numis."Gorini, Giovanni (1941-)". Persée.

(1973). Monete romane repubblicane del Museo Bottacin di Padova. Alfieri, Venecia. (1975). Monete incuse de la Magna Grecia. Olschki, Florencia. (2002). Ritrovamenti monetali nel mondo antico : problemi e metodi. Esedra, Padua. ISBN 9788886413633 (2005). Il ripostiglio di Enemonzo e la monetazione del Nicoro. Esedra, Padua ISBN 9788886413954 (2011). Campagna Lupia : studi e ricerche di storia e archeologia. Esedra, Padua. ISBN 9788860580405

Notas

Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Budapest Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Historiadores de Italia Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Alumnos da Universidade de Padua Categoría:Profesores da Universidade de Padua Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Personalidades sen imaxes