Peter L. Berghaus, nado o 20 de novembro de 1919 en Hamburgo e finado o 16 de novembro 2012 en Münster, foi un numismático alemán, especialista en moeda medieval e fundador da chamada "Escola numismática de Hamburgo" (Hamburger Schule).

Traxectoria Berghaus foi o máis novo de catro irmáns e quedou orfo de pai e nai na súa xuventude. Desde moi novo sentiu atracción polo coleccionismo de moedas e con 18 anos ingresou na Asociación de Amigos da Moeda da súa cidade.Kampmann, U. (2012).

Berghaus cursou a súa educación secundaria no Gelehrtenschule des Johanneums de Hamburgo, caracterizado pola súa formación humanística, e alí formouse nas linguas latina e grega.Mäkeler, H. (2012) . Páxina 78.

De camiño participou como solado na segunda guerra mundial, en diferentes países europeos.

Finalizada a guerra, Berghaus cursou os estudos superiores de Historia, Folclore e Historia da Arte na súa cidade natal. Posteriormente acadou o seu doutoramento na Universidade de Hamburgo cunha tese dirixida polo seu profesor de Numismática, Walter Hävernick, e por Hermann Aubin, acerca das fronteiras monetarias medievais na rexión do Alto Weser.Mäkeler, H. (2012) . Páxina 79. Este estudo, publicado en 1951, considérase como o primeiro traballo académico da Escola Numismática de Hamburgo.Mäkeler, H. (2012) . Páxina 80.

A partir de 1950 comezou a traballar no gabinete numismático do Museo Estatal de Arte e Historia Cultural de Westfalia, no que inicialmente se encargou da organización do departamento de Historia Local. En 1972 foi nomeado subdirector do museo e, desde 1977 ata a súa xubilación en 1984, desempeñou o cargo de director.Dethlefs, G.; Steguweit, W. (2012).

En 1954, Berghaus foi elixido membro da Comisión Histórica de Westfalia, e en 2006 pasou a ser membro correspondente. En 1967 fundou a Sociedade Alemá de Amigos da Medalla, xunto con Georg Wimmelmann e Otto Marzinek.Weber, I. S. (2010). "Erkenntnisse zum Medaillenschaffen des schwäbischen Bildhauers Fritz Nuss (1907-1999)". En Jahrbuch für Numismatik und Geldgeschichte. 60. Páxinas 207-242, 231-233. Entre 1973 e 1986 formou parte do comité directivo da Comisión Internacional de Numismática, da que chegou a ser vicepresidente en 1979.Mäkeler, H. (2012) . Páxina 78. Ademais, entre 1972 e 1992 foi vicepresidente da Sociedade Numismática Alemá.

Berghaus foi profesor de Numismática desde 1955 na Universidade de Münster e en 1961 outorgóuselle a condición de profesor honorario.Mäkeler, H. (2012) . Páxina 82.

A participación de Berghaus foi indispensable no proceso de identificación de moedas de procedencia alemá nos achados monetarios suecos do período viquingo, en 1950, xunto con Vera Hatz e Gert Hatz.

Os estudos de Berghaus supoñen unha contribución importante á numismática medieval, cun particular interese na época viquinga, na zona de Westfalia e, nunha primeira etapa, na historia das investigacións numismáticas. A el débeselle a introdución da técnica da comparación dos cuños nos estudos de numismática medieval, que xa fora utilizado con aterioridade para a moeda antiga por investigadores como F. Imhoof-Blumer ou Kurt Regling.Mäkeler, H. (2012) . Páxina 81.

Por outra banda, á marxe do ámbito numismático, desde 1962 foi un dos membros fundadores do Rotary Club de Münster-St. Mauritz, desde o que, a partir de 1970, se desenvolveron proxectos para o desenvolvemento da India.

Recoñecementos (1974): Premio de honra da Sociedade de Historia Monetaria Internacional. (1979): Medalla Elias Brenner, da Sociedade Numismática Sueca."SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen. (1979): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1984): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (2004): Eligiuspreis, da Deutsche Numismatische Gesellschaft."Eligiuspreisträger 1996-2005". Sitio web da DNG.

Publicacións Esta é unha escolma dalgunhas das monografías máis salientables publicadas por Berghaus ao longo da súa traxectoria académica:"Mäkeler, H. (1999). "Numismatische Veröffentlichungen von Peter Berghaus". Hendrik.makeler.eu"Berghaus, Peter 1919-2012 ". Digital Library Numis.

(1951). Währungsgrenzen des westfälischen Oberwesergebietes im Spätmittelalter. Museum für Hamburgische Geschichte, Hamburgo. (1967). Anglo-friesische Runensolidi im Lichte des Neufundes von Schweindorf (Ostfriesland). VS Verlag für Sozialwissenschaften. ISBN 978-3-663-02306-7 (1974). Westfälische Münzgeschichte des Mittelalters. Landesmuseum für Kunst und Kulturgeschichte, Münster. [Segunda edición en 1985]. (1978). Die Münzen von Dortmund. Stadtsparkasse, Dortmund. (1990). Der Münzschatz von Querenburg in der Bochumer Universität. Brockmeyer, Bochum. ISBN 3-88339-821-7 (1995). Numismatische Literatur 1500-1864. Die Entwicklung der Methoden einer Wissenschaft (con Herausgeber). Harrassowitz, Wiesbaden. ISBN 3-447-03729-6 (1999). Denar - Sterling - Goldgulden. Ausgewählte Schriften zur Numismatik (con G. Hatz, P. Ilisch e B. Kluge). Künker, Osnabrück. ISBN 3-9801644-3-8

(2006). Münzkabinett der Universität Uppsala. Deutsche Münzen der Wikingerzeit sowie des hohen und späten Mittelalters (con H. Mäkeler). Uppsala Universitet. ISBN 978-9155466039

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Albrecht, T.; Sander-Berke, A. (eds.) (1989). Festschrift für Peter Berghaus. Zum 70. Geburtstag. Scriptorium, Münster. Dethlefs, G.; Steguweit, W. (2012). "Nachruf auf Prof. Dr. Peter Berghaus (20.11.1919 - 16.11.2012)". Deutsche Gesellschaft für Medaillenkunst e.V. 16 de novembro.

Fischer, T.; Ilisch, P. (eds.) (1981). Lagom. Festschrift für Peter Berghaus zum 60. Geburtstag am 20. November 1979. Numismatischer Verlag der Münzenhandlung Dombrowski, Münster. ISBN 3-921507-03-0 Kampmann, U. (2012). "Peter Berghaus (1919-2012)". En Coins Weekly. 22 de novembro. Mäkeler, H. (2012). "Peter Berghaus (1919-2012) ". En Compte rendu 59. International Numismatic Council. Páxinas 78-82.

Categoría:Nados en 1919 Categoría:Nados en Hamburgo Categoría:Finados en 2012 Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Directores de museos Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados co Eligiuspreis Categoría:Galardoados coa medalla Elias Brenner Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Alumnos da Universidade de Hamburgo Categoría:Profesores da Universidade de Münster Categoría:Profesores da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán Categoría:Personalidades sen imaxes