Josep Pellicer i Bru, nado o 18 de maio de 1925 en Barcelona e finado o 19 de xaneiro de 2019 en Sant Cugat del Vallès, foi un numismático catalán."Josep Pellicer i Bru". Enciclopèdia Catalana.

Traxectoria A infancia de Josep Pellicer estivo marcada polos rigores da posguerra española, que lle impediron acadar unha formación máis aló dos estudos básicos. Nesa época comezou o seu interese pola numismática, a partir dun conxunto de moedas regaladas por un familiar.Gómez Ventayol, C. (2019) .

Pellicer desenvolveu a súa vida profesional no sector téxtil, inicialmente como técnico do algodón e logo participando na creación de varias empresas do sector e con cargos de responsabilidade nalgunhas delas.Martínez Gallego, J. M. (2014) .

A súa carreira numismática estivo moi vinculada á Asociación Numismática Española (ANE). En 1957 afiliouse a esta entidade e dous anos máis tarde entrou na súa xunta directiva como vogal. Accedeu á vicepresidencia en 1975 e presidiuna durante 23 anos, desde 1996 ata o seu pasamento en 2019.Pellicer i Bru, J.; Casas Plá, J. (2005). ANE 50 aniversario 1955 - 2005. Asociación Numismática Española. DL: B-9713-2005

A partir de 1983 foi, así mesmo, o director da publicación periódica da ANE, Gaceta Numismática.

Pellicer pertenceu tamén a outras entidades de índole numismática. En Cataluña foi un dos membros fundadores da Sociedade Catalá de Estudos Numismáticos (Instituto de Estudos Cataláns), da que chegou a ocupar a súa vicepresidencia. Ademais, foi nomeado socio de honra da Asociación Numismática de Portugal e membro correspondente do Instituto de Numismática e Historia de San Nicolás de los Arroyos, da Arxentina.

Recoñecementos (1965): Premio Javier Conde Garriga, da Asociación Numismática Española (ANE), de Barcelona."Ganadores del premio Javier Conde Garriga". Asociación Numismática Española (Numisane.org). (1978 e 1984): Medalla Presidencial da ANE. (2018): Premio Excelente ao Mérito Numismático, da ANE."Relación de concesiones medalla premio "Excelente al Mérito Numismático". Asociación Numismática Española (Numisane.org).

Publicacións Josep Pellicer foi autor prolífico; publicou ducias de artigos en revistas numismáticas do seu tempo, máis de 80 deles en Gaceta numismática, entre os anos 1967 e 2018), e outros en cabeceiras como Acta Numismàtica, Crónica Numismática, Numisma, Revue numismatique, e en obras conxuntas e actas de congresos e simposios. Tamén publicou un bo número de traballos monográficos, entre os que figuran os seguintes"Bibliografía de Josep Pellicer i Bru". Asociación Numismática Española."Pellicer i Brú, Josep 1925- ". Digital Library Numis.

(1965). Los reales de a 5, medios duros acuñados en Cataluña durante la guerra de separación 1640-1659. Asociación Numismática Española (ANE), Barcelona. (1971). El medio duro. España, provincias de América e Imperio. X. & F. Calicó, Barcelona. (1971). La introducció del marc reial de Barcelona i Sardenya. (1975). Glosario de maestros de ceca y ensayadores. Ensayo de ordenación alfabético-cronológica. ANE, Barcelona. (1988). Al-Andalus. Las fuentes y la numismática. ANE, Barcelona. (1992). Memorial del Pleyto de Mil y Quinientas de Gaspar Ruiz. ANE, Barcelona. (1997). Glosario de maestros de ceca y ensayadores (siglos XIII-XX). Museo Casa de la Moneda (MCM), Madrid. ISBN 978-8489157095 (1997). Repertorio paramétrico-metrológico antiguo. ANE, Barcelona. / MCM, Madrid. (1999). Repertorio paramétrico metrológico medieval de los reinos hispánicos. ANE, Barcelona. / MCM, Madrid. ISBN 84-930134-1-2 (2007). Referencias monetarias en la documentación del archivo de la Catedral de Córdoba, siglo XIV (con M. Nieto et al.). ANE, Barcelona. ISBN 9788493013455 (2008). Las acuñaciones y quiebras monetarias de Alfonso X y Sancho IV 1252-1284-1295. ANE, Barcelona. ISBN 9788493013462 (2010): Ensayadores: las emisiones monetarias hispanicas (s. XV-XX). ANE, Barcelona. ISBN 978-8493013479 (2011). Metrología. Diccionario descriptivo. ANE, Barcelona. ISBN 978-84-93013-48-6 (2013). Aproximación a la metrología peninsular (siglos IX-XII). ANE, Barcelona. ISBN 978-84-941399-0-1 (2015). El gran llegat foceu (VI-II aC.). Metrologia monetària i mercadera. ANE, Barcelona. ISBN 978-8494139949

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gómez Ventayol, C. (2019). "In Memoriam: Josep Pellicer i Bru, presidente da la Asociación Numismática Española ". En Revista DM. 26 de febreiro. Martínez Gallego, J. M. (2014). "Pertenecer a la ANE es signo de categoría cultural y numismática ". En Numismático Digital. 22 de outubro.

Categoría:Nados en 1925 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Numismáticos de Cataluña Categoría:Galardoados co premio Javier Conde Garriga Categoría:Galardoados co premio Excelente ao Mérito Numismático Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados en 2019