miniatura|Visita guiada en 2018. Lavadoiro A Barroca|290x290pxO Roteiro en feminino Sons de Mulleres é un itinerario proxectado por Mulheres Nacionalistas Galegas que sinalizou a Concellería de igualdade do Concello de Vigo, e que ten como obxectivo visibilizar as mulleres que, individual ou colectivamente, teceron a historia da cidade de Vigo. Realiza un percorrido por quince puntos situados fundamentalmente no centro histórico da cidade, nos que, dun ou doutro xeito, as mulleres deixaron a súa pegada e a súa contribución á identidade de Vigo.

O I Roteiro en Feminino foi presentado en 2011 no Museo de Arte Contemporánea de Vigo nun acto que contou coa presenza de mulleres que colaboraron cos testemuños das súas vivencias persoais no traballo de campo do itinerario, así como de familiares das mulleres que nel se lembran.

En 2012 foi inaugurada a sinalización nun acto realizado diante do punto nº 14 do itinerario, o espazo contra a Violencia de Xénero. No acto interviñeron a concelleira de igualdade de Vigo, Chus Lago e a coordinadora do proxecto María Casar.

Co gallo das celebracións do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Concellería de Igualdade organiza visitas guiadas percorrendo o itinerario.

Percorrido Recuperando a historia desde unha perspectiva de xénero, visibilizando e apoderando o labor realizado polas mulleres, nos 15 puntos do itinerario hai espazos que son froito das reivindicacións e do traballo máis recente do Movemento Feminista: a Praza 8 de Marzo, o Centro de Documentación e recursos feministas ou a Casa das Mulleres; lugares que recuperan a memoria de mulleres vítimas da represión franquista: Urania Mella, Olimpia Valencia ou Rosario Hernández -A Calesa-, que loitaron pola liberdade nas rúas da cidade, nos sindicatos e na vangarda cultural; Pedagogas que defenderon os dereitos das mulleres, loitando pola súa educación: Concepción Arenal, Ernestina Otero ou Antia Cal; lugares de creación artística e literaria, como foi a imprenta de Juan Compañel onde Rosalía de Castro sacou do prelo en 1863 Cantares gallegos; lugares que recoñecen o compromiso político; e lugares que recoñecen o traballo nas conserveiras, na ribeira do Berbés ou as ostreiras, nos lavadoiros comunais ou nos mercados, ou ás mulleres que tiveron que emigrar.

Espazos sinalizados Os 15 puntos sinalizados do itinerario:

Praza 8 de marzo (Avenida das Camelias 89-91) Casa das Mulleres (Rúa Romil, 20) Lavadoiro A Barroca (Poboadores) Berbés (Rúa da Ribeira do Berbés) Imprenta Juan Compañel: Rosalía de Castro (Rúa Real, 12) Estación marítima: a emigración Ostreiras (Rúa Pescadería) Cesteiras (Rúa das Cesteiras) Mercado (Praza da Constitución) Centro de documentación e recursos feministas. (Biblioteca Juan Compañel. Rúa Joaquín Yáñez, 6) Olimpia Valencia López (Rúa do Príncipe, 11) Rosario Hernández "A Calesa" (Rúa do Príncipe, 44) Urania Mella. (MARCO. Antiga cadea de Vigo. Rúa do Príncipe, 54) Espazo contra a violencia de xénero (Rúa Ronda Don Bosco) Pedagogas e educadoras: Concepción Arenal, Ernestina Otero Sestelo, Antía Cal (Rúa Concepción Arenal, 6)

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos A Coruña en feminino

Ligazóns externas

Folletos con información adicional sobre o Roteiro, na Web da Concellería de igualdade

Categoría:Vigo Categoría:Feminismo en Galicia